GALICIA
Primeiras imaxes da longametraxe documental “Galicia 10 de marzo”
Dirixido por Roi Cagiao e coa produción executiva de Emilio J. Fernández, a cinta rememora a data máis icónica do movemento obreiro galego
Inmersos no proceso de posprodución de “Galicia 10 de marzo”, a produtora Arthur Gordon fai público un primeiro vídeo de avance do que será a longametraxe documental sobre os feitos acontecidos en Ferrol en 1972 e que deron pé ao establecemento desa data como Día da Clase Obreira Galega.
Dirixido por Roi Cagiao e coa produción executiva de Emilio J. Fernández, artéllase en torno a entrevistas a máis dunha ducia de protagonistas dos feitos, entre os que se inclúen líderes sindicais da época na Bazán, distintos dirixentes e activistas do Partido Comunista ou algúns dos denominados “cregos roxos”. “Temos que lamentar o falecemento nos últimos meses de dous dos entrevistados, Ángel Porto e Fernando Miramontes aos que entrevistamos en outubro de 2019 e que eran dúas persoas moi respectadas e queridas na cidade de Ferrol pola súa traxectoria de compromiso político” sinalan dende o equipo do filme.
“Ademáis das entrevistas o filme constrúe o seu discurso narrativo a través de imaxes de arquivo, algunhas delas practicamente inéditas, ademáis de dramatizacións, que agardamos rematar de rodar no verán deste ano, e que terán un peso importante” sinala Roi Cagiao.“Temos a vista posta na estrea do filme en salas a no ano 2022, unha data significativa ao coincidir co cincuenta aniversario dos feitos” sinala Emilio J. Fernández.
“Galicia 10 de marzo”, con Iñaki Varela compartindo a escrita do guión xunto a Roi Cagiao, conta co asesoramento histórico de José Gómez Alén e Víctor Santidrián. As entidades patrocinadoras do filme son Navantia e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, asímesmo conta coa colaboración da Fundación 10 de Marzo e participan a Asociación Cultural Fuco buxán, a Federación de Pensionisas e Xubilados de CCOO de Galicia e o Centro de Negocios Witland.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11