REDONDELA
Redondela repara as zonas máis deterioradas das beirarrúas da Avenida Mendiño
O "deplorable estado das beirarrúas desta vía, competencia da Xunta de Galicia" e denunciado insistentemente polo Goberno local, provocou "xa caídas de viandantes" aseguran dende o Concello
O Concello de Redondela procedeu ao arranxo das beirarrúas máis deterioradas da Avenida Mendiño que, debido ao seu deficiente estado de conservación, teñen provocado xa máis dunha caída entre os e as viandantes. "Pese a ser unha vía de competencia exclusiva da Xunta de Galicia", o Goberno local optou por reparar as zonas que se atopaban en peor estado “para salvagardar a integridade das veciñas e veciños que circulan por un viario que da acceso ás instalacións deportivas, aos institutos e centros escolares e ao centro de saúde”
O Goberno que preside a alcaldesa Digna Rivas, salienta que hai máis de catro meses lle foi remitido á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade –concretamente a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)–, a retención de crédito solicitada para a sinatura do correspondente convenio. A rexedora local lembra que no pasado mes de novembro, a Xunta remitía un “ameazante escrito” ao Concello no que advertía que “daría por extinguido o convenio se no prazo de quince días o Concello non facía efectiva a retención de crédito que figuraba no primeiro borrador”.
Catro meses despois de ter enviado a retención de crédito solicitada nese escrito “seguimos sen resposta algunha e demóstrase claramente que, se ben o Concello de Redondela tiña os 'deberes' feitos dende o primeiro momento, que non realizara a súa parte era a propia Xunta de Galicia”.
A alcaldesa lamentou “o silencio cómplice” do PP local “que no seu momento urxiu e esixiu ao Concello a tramitar toda a documentación –cando xa sabían sobradamente que dito trámite estaba realizado– e agora gardan o máis absoluto mutismo ante unha inacción da Xunta que prexudica, gravemente, os intereses de todas as veciñas e veciños e optan por antepoñer a 'obediencia partidista' ao ben común da veciñanza de Redondela”.
O desinterese e deixamento da Xunta no cumprimento das súas obrigas, “fai que nós, como administración máis próxima á cidadanía, teñamos que acometer obras que non son da nosa competencia para salvagardar a seguridade dos nosos veciños e veciñas”, aclara Digna Rivas. “Unha vez máis, como aconteceu en numerosas ocasións con motivo do estado de alarma e o confinamento, o Concello ten que asumir competencias que non son propias para dar solución aos problemas da cidadanía” afirma a alcaldesa.
“Cumprimos todas as esixencias da Axencia Galega de Infraestruturas, realizamos todos os trámites esixidos e, pese a iso, hai máis de catro meses que non só non temos noticias da Xunta de Galicia, senón que nin tan sequera responden ás nosas chamadas e comunicacións nunha actitude da que, sen dúbida, a veciñanza saberá sacar as súas propias conclusións”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58