Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 16 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta completará o saneamento na parroquia de Santo Estevo de Budiño

Augas de Galicia vén de encargar a redacción do proxecto construtivo, unha vez constatada a posta á disposición dos terreos necesarios por parte dos veciños

A Xunta completará o sistema de saneamento da parroquia de Santo Estevo de Budiño, no concello de Salceda de Caselas. Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de encargar a redacción do proxecto construtivo, unha vez constatada a posta á disposición dos terreos necesarios por parte dos veciños.

 

A actuación ten como obxectivo culminar a rede de saneamento nesta parroquia, conectando tamén á rede varias industrias do polígono que non puideron ser conectadas durante a execución das obras que se levaron a cabo no ano 2015, por problemas de cota.

 

Cómpre lembrar que no ano 2015 Augas de Galicia levou a cabo a mellora do saneamento en Santo Estevo de Budiño, cun investimento da Xunta de máis de 1,6 millóns de euros. A intervención tivo por obxecto conectar as vivendas e naves industriais situadas na parroquia de Santo Estevo de Budiño, e tamén  unha pequena parte delas situadas no concello do Porriño, ao colector interceptor xeral do río Louro, que á súa vez transporta as augas residuais cara á depuradora de Guillarei para o seu tratamento.

 

 

 

 

O obxectivo é culminar o saneamento nesta parroquia, conectando as vivendas e as industrias do polígono que, por diferenza de cota, non se puideron incorporar á rede na actuación levada a cabo pola Xunta con anterioridade

 

 

 

 

Na execución desa actuación, varias das vivendas da zona non puideron ser conectadas á nova rede de saneamento, xa que se atopaban nunha cota inferior á do colector principal.

 

Con todo, Augas de Galicia asumiu o compromiso cos veciños de que, se poñían a disposición os terreos necesarios para executar as obras, a Xunta completaría a conexión das vivendas e industrias que quedaron pendentes.

 

Agora, unha vez constatada a posta á disposición dos terreos precisos para levar a cabo os traballos, Augas de Galicia encargou a redacción do proxecto construtivo para levar a cabo a actuación.

 

No seguinte mapa recóllense as zonas de vivendas e industrias pendentes de incorporar á rede de saneamento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.