Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 11 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Entrega de premios da I Certame de Relato Histórico de Mos

Hoxe, xoves 11 de marzo, tivo lugar a cerimonia de entra dos premios do I Certame de Relato Histórico do IES de Mos. A iniciativa, que partiu do IES de Mos coa colaboración da ANPA do instituto ten como finalidade fomentar a creatividade literario entre o alumnado, profesorado e PAS ao tempo que achegarse á Historia desde unha perspectiva literaria.


A I Edición do certame corresponde co curso 2019-2020 e a entrega dos premios realízase case un ano despois da convocatoria do certame debido á situación provocada polo coronavirus. Os premios consistiron nun vale de compra na librería Arte e Ciencia de Mos, un diploma acreditativo e un rolo de papel hixiénico personalizado. Este último obxecto quere render homenaxe ao momento histórico que estamos a vivir e a un obxecto que nos primeiros compases do confinamento foi tan escaso como prezado.


As persoas agraciadas foron: Na categoría de 1º, 2º, e 3º da ESO Érica González e Carlos Costas; Na categoría de 1º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato María Pandiella e Hugo Novas. Na categoría de persoas adultas Carlos Barros, profesor de inglés.


Este ano convócase a II Edición do Certame coa vontade de continuidade da actividade. Neste caso, participan na organización os departamentos de Ciencias Sociais, Lingua Galega, o Equipo de Normalización e a ANPA do IES de Mos. Mantéñense as tres categorías engadindo aos premios xa citados, un libro da Historia de Mos para cada autor ou autora galardoada. Os orixinais pódense enviar até o 18 de abril. Na semana das Letras galegas, publicaranse as obras vencedoras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.