

En Galicia existían no ano 2012 uns 10.000 salóns de peiteados que xeraban máis de 25.000 empregos. Pola súa banda en España, no ano 2020, había 48.000 salóns con 150.000 empregos directos que dependían do sector, segundo a plataforma "Creer en nosotros".
Dende que no ano 2021 se sube o IVA en 13 puntos chaegando ao actual 21% a destrucciónd e emprego no sector da imaxe foise incrementando co paso dos anos.
Os últimos datos indican que xa pecharon un 37% das PEMES de imaxe persoal o que supón 18.000 establecementos e 50.000 postos de traballo.
A estes datos temos que sumarlle a grave crise sanitaria e social provocada pola COVID-19. O sector viuse gravemente afectado pola ausencia de acontecementos de carácter social ( vodas, bautizos, comunións, festas...) e a baixada da facturación nun 48% con respecto ao ano anterior.
Isto supuxo un retroceso no volume de negocio global, do sector, de 1.552 millóns de euros e a perda de máis de 55.000 postos de traballo. Os datos falan da desaparición, nun ano, do 60% dos establecementos que existían e o 50% dos postos de traballo.
A finais do 2020 pecharon, en todo o Estado,10.464 salóns de peiteados, barbería e estética ( 21,8% dos existentes ). Calcúlase que, a finais de marzo de 2021, desaparezan 18.337 salóns en España (48,9% dos actuais). O total de salóns de imaxe persoal que desaparecerán serán 28.801 ( 60% das existentes en 2019) o que suporá a perda do 48,1% dos postos de traballo. Ademáis, prevese unha caída da facturación do 31,8% en comparación ca do ano 2019.
Con todos estes datos e o peche previsto de todos os salóns, o Estado, deixará de ingresar na orde de 3.500 millóns de €.
Por todas estas razóns, CREER EN NOSOTROS, pide a baixada do IVE ao 10% como causa máis que xustificada para o sector da imaxe persoal. Concentraranse na praza do Concello do Porriño o vindeiro luns 22 de marzo de 10 a 11 horas.
Su socio integral en comunicación, publicidad y marketing
Guía de Servicios y Trámites | Concello do Porriño | Xornal21
O Porriño
Mercado municipal
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.