GALICIA
Feijóo visita a residencia Porta do Camiño: “un símbolo” da loita contra a pandemia
Durante a primeira onda, os seus usuarios e traballadores trasladáronse e o centro converteuse nunha residencia integrada
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou hoxe a residencia pública Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, da que destacou que se converteu “nun símbolo” da loita dos centros de maiores de Galicia contra a pandemia. Alí conversou cos usuarios e o persoal do centro, que lle contaron as súas vivencias durante estes meses e as suxestións de cara ao futuro.
Non en van, durante a primeira onda todos os seus residentes e traballadores trasladáronse a outro edificio, para que as instalacións de Porta do Camiño puidesen reconverterse en residencia integrada. Alí prestouse unha atención especializada aos usuarios que se contaxiaran en centros onde houbera algún gromo.
Na residencia pública Porta do Camiño non se contaxiou ningún residente desde o inicio da pandemia. Este foi tamén o primeiro centro en ser inmunizado contra a covid-19, ao recibir a primeira dose o 27 de decembro e a segunda o 17 de xaneiro. Durante a súa visita, Feijóo coñeceu persoalmente á primeira vacinada de Galicia, a brionesa de 82 anos Nieves Cabo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11