Jueves, 02 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 01 de Abril de 2026 a las 22:07:51 horas

Xornal21.es
Lunes, 22 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño abriu expediente a máis de 300 parcelas por incumprir a lei de prevención de incendios

Dos propietarios notificados só 30 deles comunicaron ao Concello que tiñan limpado os seus predios

O Concello de Tomiño abriu durante 2020 un total de 340 expedientes por incumprimento de limpeza de fincas ou tala de especies prohibidas; labores de obrigado cumprimento segundo a Lei de Prevención e Defensa dos Incendios Forestais de Galicia e/ou da Ordenanza Municipal da Xestión da Biomasa.

 

Ditos expedientes tramitáronse despois de recibir 105 denuncias de particulares, e outros 18 foron abertos de oficio. Dos 123 iniciados no ano 2020, o 73% foi tramitado (90 expedientes), e o 9% desestimado (11 expedientes). O 18%  restante (22 expedientes)  están aínda pendentes de tramitar.

 

En canto á titularidade das 340 parcelas expedientadas, 287 propietarios foron notificados, sendo unha delas propiedade da Xunta de Galicia e 5 de comunidades de montes. Asemade, hai 18 parcelas cuxa titularidade é descoñecida e 35 teñen propietarios pero a súa dirección para notificación é descoñecida ou incompleta, ou ben, non recolleron as cartas enviadas, non se fan cargo dos traballos a realizar, etc. Nestes casos, tal e coma é preceptivo, publicouse o anuncio correspondente no BOE a efectos de notificación.

 

Das 287 parcelas nas que os propietarios foron notificados, só 30 deles comunicaron ao Concello que tiñan limpado os seus predios. Isto non quere dicir que os restantes non limparan, xa que a gran maioría que fai a limpeza  non a comunica. Na tramitación dos expedientes, cabe destacar a dificultade, cada vez en máis casos, que entraña a localización dos propietarios.

 

Con respecto aos anos 2018 e 2019, existe unha redución do número de expedientes e parcelas tramitadas. Ademais, prodúcese un cambio na xestión dos mesmos, pois a partir de 2020, as parcelas pertencentes a unha mesma denuncia agrúpanse no mesmo expediente, cando anteriormente se abría un expediente por parcela, reducindo así o volume de  papel empregado e evitando posibles duplicidades.

 

As execucións subsidiarias realizadas no ano 2020 foron solo dúas, dato moi inferior ao de 2019, cando se realizaron 11. Isto foi motivado polo atraso na tramitación dos expedientes debido ao COVID-19 e a un maior número de execucións por parte dos propietarios.

 

Por outra banda, a Concellería de Medio Ambiente, coa axuda dos técnicos de Urbanismo, está revisando na actualidade o borrador do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais; redactado por técnicos da empresa pública SEAGA, no marco do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e esta empresa, en materia de prevención e defensa contra incendios; e que, proximamente, levará a pleno para a súa aprobación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.