Redondela
A alcaldesa de Redondela entrega os premios do Concurso de Escaparates e de Disfraces
Pese á situación excepcional que marca a pandemia da Covid-19, o comercio local animouse a participar no concurso de escaparates amosando as ganas, fortaleza e orixinalidade que sempre distinguiron ao comercio redondelán
Nin unha pandemia como a da Covid-19 foi quen de facer perder a ilusión da veciñanza e do comercio local polo Entroido, unha das nosas sinais de identidade”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas que esta semana fixo entrega dos premios aos gañadores e gañadoras tanto do concurso de escaparates coma do concurso de disfraces.
Mandamama, Premio á Orixinalidade e Innovación; Terranai, Premio á Composición e Deseño Tradicional e Dulces PK2, Premio Especial do Público, foron os tres establecementos galardoados no concurso de escaparates que, organizado pola Concellería de Comercio, buscaba un dobre obxectivo: manter o espírito do Entroido entre o comercio local na difícil situación que marca a pandemia e, ao mesmo tempo, contribuír á reactivación do comercio de proximidade “como elemento fundamental para a dinamización económica do municipio”, aseguro a alcaldesa Digna Rivas.
Doutra banda, a alcaldesa redondelá tamén facía entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de disfraces que, por primeira vez, adoptaba o formato telemático e realizábase a través das redes sociais. O formato do concurso era sinxelo e esa propia sinxeleza permitiu a participación de numerosos veciños e veciñas, de todas as idades, que non tiñan máis que subir as fotos dos seus disfraces ao Facebook do Concello de Redondela. Finalmente, as fotos con máis “Me Gusta”, foron as gañadoras do certame.
A alcaldesa Digna Rivas quixo salientar que, en ámbolos dous concursos, “as ganas e a ilusión impuxéronse á complexidade destes tempos marcados pola Covid” e non dubidou en afirmar que “serán precisamente esas ganas e ilusión, sumadas á responsabilidade que sempre amosaron todas e todos os redondeláns, os que nos permitirán saír desta crise”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58