Domingo, 08 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 22 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A comisión do líndano reunirase para falar da toma de mostras

A alcaldesa Eva Garcia convoca a Comisión Especial para a Descontaminación de Líndano, que se reunirá de novo o mércores 24, ás 19:00 horas, no salón de plenos do Concello.

 

Nesta reunión, o goberno local informará sobre as calicatas que están a desenvolver no municipio as empresas "Geocysa" e "Edafotec".

 

Esta Comisión constituíuse o 19 de febreiro de 2020, para cumprir un mandato da corporación que aprobou unha moción formulada polo grupo municipal de EU SON que propiciou o acordo plenario unánime para a creación desta Comisión Especial.

 

Forman parte da mesma todos os grupos políticos da corporación (PP, PSOE, EU SON, BNG e UDDL). Tamén están representadas as Consellerías de Medio Ambiente e de Sanidade da Xunta de Galicia; os tres principais sindicatos (CCOO, UXT e CIG); representantes veciñais de Relva, Alba e San Salvador; a Plataforma de Afectados polo Líndano e, a partir deste vindeiro mércores, incorporase a asociación "Ecoloxistas en Acción".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.