Lunes, 02 de Marzo de 2026

Actualizada Domingo, 01 de Marzo de 2026 a las 20:53:17 horas

Xornal21.es
Domingo, 21 de Marzo de 2021 Tiempo de lectura:
NIGRAN

Consenso en Nigrán para adaptar o edificio da Comunidade de Montes de Monteferro a súa contorna

O Plan Especial non rexistrou ningunha alegación durante o periodo de exposición pública e conta con todos os informes sectoriais favorables, polo que a súa Aprobación Provisional será mediante decreto de alcaldía

O Concello de Nigrán aprobará nos vindeiros días a través dun decreto de Alcaldía o 'Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións de Portocelo' que permitirá adaptar urbanísticamente á legalidade o edificio da comunidade de Montes de Monteferro. O consenso ao respecto é unánime. Así, este trámite (pendente únicamente do informe xurídico municipal) é posible despois de que non obtivera ningunha alegación durante os pasados dous meses de exposición pública e que todas as administracións implicadas emitisen informes favorables. O proxecto elaborado pola Comunidade de Montes de Monteferro co beneplácito do goberno local permitirá ao fin a intervención no inacabado edificio desta entidade para integralo na paisaxe e adaptado á legalidade, dando marcha atrás a un dos maiores expoñentes do 'feísmo' no municipio. Esta aprobación provisional será enviada á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para posteriormente presentar a súa aprobación definitiva a Pleno.

 

"Estamos moi satisfeito porque é un plan que gusta a todos os actores implicados, a proba é que non houbo alegacións e todos os informes sectoriais son favorables, polo que agardamos ter a súa aprobación definitiva antes do verán", explica o alcalde, Juan González, quen destaca "a boa vontade e o traballo rigoroso da actual Comunidade de Montes para dar con unha solución que cumpre integra todos os requirimentos urbanísticos coas necesidades socio-recreativas da parroquia". Así, suporá, entre outras cousas, rebaixar a súa altura á metade para deixalo nunha soa pranta ou recuperar a rasante orixinal da parcela, integrando toda a propiedade na paisaxe (suma 5.761 metros cadrados). 

 

"A recuperación e posta en valor medioambiental e urbanística de Monteferro pasaba inevitablemente por convertir o histórico edificio da comunidad de Montes nun lugar acorde coa súa contorna, mantendo ao mesmo tempo o seu necesario uso de centro centro social e medioambiental ao servicio da veciñanza. Este Plan permitirá corrixir un dos maiores expoñentes do feísmo en Nigrán para por de verdade en valor Monteferro; polo que celebramos que deran este paso.", sinala González.

 

 

 

 

Suporá a demolición da planta alta, rebaixando a súa altura á metade, e unha reordenación da parcela integrando o edificio na paisaxe e cumplindo a legalidade vixente para darlle un uso socio-recreativo

 

 

 

 

O edificio obtivo licencia de construción en 1988 con arranxo ás normas subsidiarias vixentes naquel momento, sen embargo, o proxecto orixinal desviouse substancialmente entrando en conflicto coa legalidade e quedando finalmente inconcluso. O plan actual, elaborado polo arquitecto Federico Suárez, integra o edificio na paisaxe rebaixando a súa altura a 5 metros e unha soa planta ou devolvendo a rasante da parcela ao seu estado orixinal. No terreo crearanse zonas axardinadas na parte central e matogueiras na frontal (sempre empregando especies autóctonas) e haberá espazo de acceso rodado e aparcamento (16 prazas máis 2 adaptadas). As características tipolóxicas e construtivas, cores e acabados será acordes coa paisaxe rural e as construcións da contorna para garantir o mínimo impacto visual e a mínima alternación do relevo natural do terreo.

 

Finalmente, o novo edificio terá un uso socio-recreativo ao servizo da veciñanza, tendo como obxectivo primordial fomentar o asociacionismo forestal, creando ademais un punto de información e difusión sobre a península de Monteferro (interese arqueolóxico, etnográfico, paisaxístico, medioambiental, etc.). 

 

"É unha oportunidade non só para corrixir despropósitos urbanísticos propios doutras épocas, se non para dotar a Monteferro dun espazo público-comunitario onde por en valor un dos lugares con maiores atractivos do municipio pola súa riqueza natural, paisaxística e etnográfica", destaca o rexedor.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.