Opinion
A.C.A.V. sobre as agresións sufridas durante o 8M en Vigo
Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, uns días antes do 8 de marzo de 2021, o grupo Galegas 8M, formado por varios colectivos feministas e LGTBIQ+, convocou a manifestación que tería lugar en Vigo.
Dende a Alianza de Colectivos Abolicionistas de Vigo (A.C.A.V.) procedeuse á lectura do manifesto para a mobilización do día 8 de marzo; non obstante, ao non atopar recollidas as nosas reivindicacións no texto, decidimos non sumarnos á proposta, pero si acudir á manifestación retirándonos antes da lectura do manifesto.
Durante eses días previos ao 8M, dende ACAV convocouse a todas aquelas mulleres que compartisen as nosas reivindicacións a sumarse ao Bloque Abolicionista para acudir xuntas á manifestación. Un dos colectivos que se sumou a esta invitación foi Solidarias e Violetas, que ademais se encargou de compartir esta información nas súas redes sociais.
Esta publicación por parte de Solidarias e Violetas, na que se convidaba a todas as mulleres a formar parte do Bloque Abolicionista na manifestación, provocou unha resposta negativa por parte dalgunhas persoas.
Concretamente, o día 6 de marzo, Galegas 8M (as organizadoras da marcha) recibiu un correo electrónico no que se insistía en que non deixasen participar a “colectivos TERF” en calquera manifestación, concentración ou acto relacionado co Día da Muller Traballadora, facendo unha especial mención a Solidarias e Violetas.
A pesar de recibir este correo electrónico, dende Galegas 8M preferiuse non responder, para evitar posibles problemas antes do 8 de marzo. Por outra parte, ao ter coñecemento deste correo, dende A.C.A.V., varias compañeiras manifestaron o seu medo polo que puidese pasar no día da manifestación, xa que o correo electrónico supoñía unha clara ameaza para calar os argumentos do colectivo.
Nese momento, dende Solidarias e Violetas, enviouse un comunicado mostrando o rexeitamento e a indignación ante estes comportamentos, que buscaban censurar e obviar ao feminismo abolicionista de Vigo baixo calquera pretexto.
A pesar do sucedido, dende o Bloque Abolicionista acudiuse á manifestación para non ceder ante estas intimidacións e poder saír á rúa para reclamar os nosos espazos. Nese día 8 de marzo, o Bloque Abolicionista situouse á cola da manifestación, respectando as normas de seguridade marcadas pola organización.
Unha vez iniciada a marcha, as intimidacións, que antes se deran unicamente a través dun correo electrónico ou por redes sociais, comezaron a volverse unha realidade. O Bloque Obreiro, colocado á marxe da manifestación e sen respectar a distancia de seguridade, permaneceu en completo silencio ata que o Bloque Abolicionista pasou por diante.
Foi entón cando comezaron a gritar, entre outras, as seguintes consignas: “O abolicionismo é fascismo”, “O trans é real, a transfobia, machista e patriarcal”, “Nós non criminalizamos ás traballadoras sexuais”, “O abolicionismo non é feminismo”, “Feministas que roxen, abolos que foxen” ou "Nós non excluímos ás compas trans".
Esta situación, lonxe de ser anecdótica, seguiuse repetindo, polo menos, en 6 ocasións, converténdose nunha persecución e acoso constante contra o Bloque Abolicionista por parte sempre do Bloque Obreiro.
O nivel de violencia foi incrementándose, ata o punto de acender botes de fume, algúns a escasos centímetros das nosas caras, dificultándonos respirar. Isto afectou tamén aos menores que se manifestaban en compañía das súas familias, que foron testemuñas dos cortes de manga e incluso de como dous integrantes do Bloque Obreiro baixaban os pantalóns para ensinarnos o cu en plena marcha.
Ante esta situación decidimos responder con dous lemas: “Sen abolición non hai liberación” e “Abolición da prostitución.” Ao momento, unha persoa da organización recordounos que non se podían gritar consignas debido ás medidas de seguridade sanitaria. Acatamos as normas, pero, aínda así non perdimos a oportunidade para denunciar tamén o incumprimento do protocolo por parte do Bloque Obreiro, que non paraba de gritarnos cun megáfono, sen respectar a distancia de seguridade e situándose fóra da propia manifestación.
A nosa queixa non foi atendida e as responsables de coidados de Galegas 8M aludiron que non tiñan ningunha responsabilidade sobre o sucedido nas actuacións do Bloque Obreiro, obviando que Galegas 8M, como organizadoras, si eran responsables de manter a boa orde durante a manifestación ao amparo da LO 9/1983, de 15 de xullo, reguladora do dereito de reunión.
Ao finalizar a manifestación, como Bloque Abolicionista en desacordo co manifesto, afastámonos da Praza de América para non ter problemas.
Nas horas e días seguintes á manifestación do 8M, varias mulleres do Bloque Abolicionista contaron por redes sociais e de maneira individual, as agresións sufridas na manifestación. Dende colectivos como ACAV e Solidarias e Violetas unicamente se compartiu o apoio ás denuncias individuais das compañeiras, sen realizar ningún comunicado público oficial.
A pesar de facer esta denuncia baixo os perfís persoais de cada compañeira, practicamente todas elas recibiron mensaxes ameazantes:
"Para que ensinar o cu se podes tirarlles un ladrillo”.
“Ninguén vos coartou o dereito a manifestarvos a pesar de levar carteis con consignas tránsfobas. Só se respondeu a un desacordo coa vosa posición. Non debedes estar incluídas se formades parte do bando opresor”.
“A pesar diso tivestes o voso espazo na mani, o que supón enfrontarvos ás consecuencias de manifestar as vosas ideoloxías tránsfobas”.
“Pena que non vos tirasen un molotov”.
“Vides agora de vítimas cando o resto do ano sodes verdugas das trans. Queren facernos desaparecer dicindo que non somos mulleres. Cando queres abolir o xénero sen saber que iso é pegarnos un tiro directamente na cabeza”.
“O que buscabades era lea, lea que algunhas vos vamos dar. Non é unha ameaza cando se avisa, sería unha ameaza se fose sorpresa”.
Algunhas destas persoas chegaron incluso a cuestionar a veracidade das agresións expostas polas compañeiras. Nun primeiro momento, categoricamente: “Definitivamente é unha foto manipulada. Non houbo ningún calvo. Coidado!” Posteriormente, ao mostrarse o vídeo que corroboraba os feitos, excusáronse dicindo que “se queren refrescarse [o cu] non teño problemas, dáme igual.”
Despois disto, Galegas 8M púxose en contacto coas xestoras do Bloque Abolicionista para preguntar sobre o ocorrido e invitarnos á asemblea de avaliación do 8M, á que o Bloque Obreiro pediu asistir, para así coñecer as dúas versións. Ao parecer, ninguén da organización sabía nada do ocorrido, a pesar de que durante a manifestación fomos testemuñas de como persoas de Galegas 8M acompañaban con palmas e bailes os gritos do Bloque Obreiro.
Neses días, o Bloque Obreiro emitiu un comunicado en relación co acontecido durante a manifestación do 8 de marzo, expoñendo e xustificando as súas agresións e deixando claro que as súas accións respondían, literalmente, ao “discurso de odio que as abolicionistas defenden.” Entre outras mentiras, e co único fin de xustificar dalgunha forma os seus actos violentos, o Bloque Obreiro declarou que as abolicionistas contaban cun “discurso discriminatorio e incriminatorio.”
Despois destas declaracións, dende ACAV enviouse un correo electrónico a Galegas 8M, para manifestar o ocorrido, e condenar e expresar o noso malestar coa agresión, o incumprimento dos protocolos e a falta de coidados. O día sinalado, acudimos á asemblea de Galegas 8M coa intención de atopar un lugar de respecto mutuo, onde se pediran as desculpas pertinentes, se aceptase a responsabilidade das organizadoras ao permitir este tipo de actos, e se emitise unha posición pública contraria a calquera tipo de agresión contra as mulleres.
Con todo, na asemblea pareceu que o que máis molestara en realidade fora o correo elctrónico no que manifestabamos a nosa desconformidade co manifesto, ao mesmo tempo que se nos acusaba de emitir un comunicado de desvinculación coa manifestación. Cabe resaltar que esta cuestión é totalmente falsa, xa que ese comunicado fora emitido por outra organización diferente á nosa.
Ademais disto, tachóusenos de tránsfobas e minimizouse en todo momento a agresión sufrida por parte do Bloque Obreiro, con frases como “Non creo que pasase nada malo”. Por outra parte, chamóusenos tamén puritanas por expresar o noso malestar cando se nos ensinou o cu durante a marcha e volveuse repetir o discurso de que somos feminismo hexemónico.
Tamén nesta asemblea se nos dixo que foramos provocando, con frases como: “Se provocas ten que pasar algo”, “Estas mulleres provocaron en redes”, recalcando tamén que eramos unhas “vitimistas”.
Igualmente, fíxosenos luz de gas con outros comentarios como: “Se o vivistes desa maneira…” “Se vos sentistes violentadas, non o percibín”, “Parece que calquera cousa é violencia”, “Debestes solicitar un grupo de autodefensa”, “Se hai transfobia hai que facer unha acción directa”.
E, finalmente, acabóusenos por responsabilizar ao Bloque Abolicionista de todas as agresións que recibimos por parte do Bloque Obreiro, aludindo a que “Agredistes ás trans e non binarias, “O Bloque Obreiro tiña razóns para facelo”, “Non respectades os dereitos humanos”, “Suicídase xente pola vosa culpa”, “Terfas, mexades enriba de Galegas 8M, tóxicas, escupitivas, vomitivas e noxentas".
Tamén nesta asemblea se nos acusou falsamente de ensinar as caras e os nomes das persoas que nos agrediron, algo, valla a redundancia, categoricamente falso. Ningunha muller do Bloque Abolicionista puido identificar ás persoas agresoras, xa que ían completamente tapadas, excepto no momento no que baixaron os pantalóns. Se alguén coñece a súa identidade é porque elas mesmas se identificaron en redes sociais.
Despois dunha reunión infrutuosa, na cal vimos como se nos cuestionaba totalmente de novo, unha compañeira cansouse das faltas de respecto e dixo que todas estas desacreditacións e insultos terían consecuencias. Ante isto, unha persoa escribe no chat: “Acabamos de sufrir unha clara ameaza. Temos que parar isto XA.”
Nós non comezamos ningunha guerra. Dende a perspectiva feminista, reivindicamos sempre a nosa axenda política e os nosos dereitos como mulleres, como levamos facendo dende hai anos.
Nunca quixemos formar parte desta confrontación, pero tampouco imos permitir que se nos agrida impunemente e se descargue un discurso de odio cara a nós. O noso compromiso estaba, está e estará sempre co feminismo e coa abolición de todas as formas de explotación da muller.
Esperamos que o resto das compañeiras recapaciten e se dean conta de que, tanto o lobby queer como o proxenetismo, nos están fragmentando.
Non lle pecharemos a porta a ningunha muller que abra os ollos ante esta realidade, a pesar do dano que nos fixesen.
Non nos cansaremos de repetilo: NON NOS CALARÁN.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163