Vigo
A Xunta conmemora en Vigo o día mundial do Síndrome de Down
A delegada territorial, Marta Fernández-Tapias, o director xeral de Maiores e Personas con Discapacidade, Fernando González Abeijón e o presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, participaron no acto xunto a representantes de Down Vigo
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, o director xeral de Maiores e Personas con Discapacidade, Fernando González Abeijón e o presidente do Porto de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, xunto a representantes de Down Vigo, participaron hoxe no acendido da Delegación Territorial con motivo da conmemoración do Día Mundial do Síndrome de Down. Deste modo, a sede administrativa viguesa xunto a outros monumentos emblemáticos de toda Galicia lucirán o símbolo internacional que representa o Down desde hoxe ata o domingo 21, data da celebración internacional.
Toda Galicia se suma á conmemoración, e por iso, de xeito simultáneo, outros monumentos significativos galegos acenderon o emblema, como a Torre de Hércules na Coruña, a Catedral de Ourense, a Catedral de Lugo ou o Convento de San Francisco en Pontevedra. Na iluminación da fachada do Concello de Ferrol participou a directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro.
En decembro de 2011, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 21 de marzo Día Mundial da Síndrome de Down. Con esta celebración, a Asemblea Xeral quere xerar unha maior conciencia pública sobre a cuestión e lembrar a dignidade inherente, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das súas comunidades. Así mesmo, quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade de tomar as súas propias decisións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49