PROVINCIA
A Deputación aproba novos investimentos para 13 concellos
Cambados levará a cabo a contratación de 21 persoas traballadoras e outros 12 concellos destinarán as achegas ao gasto corrente e actividades
O Plan Concellos, co que a Deputación de Pontevedra fomenta a cooperación, o equilibrio territorial e o respecto á autonomía local, achegará recursos a outros 13 concellos da provincia cos novos investimentos aprobados esta semana en Xunta de Goberno por importe de máis de 580.000 euros. En concreto beneficiarase destas achegas o concello de Cambados, para ao que o órgano provincial aprobou a liña 3 de emprego, e os de Baiona, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Dozón, A Estrada, Fornelos de Montes, A Illa de Arousa, Lalín, Moaña, Poio, Salceda de Caselas e Soutomaior, que contarán con investimentos no marco da liña 2, destinada a amortizacións, gasto corrente e actividades.
Máis polo miúdo, Cambados contará cunha subvención que supera os 200.000 euros a través da cal levará a cabo a contratación de 21 persoas traballadoras. Con esta achega, a Deputación de Pontevedra suma máis de 8,2 millóns de euros invertidos xa este ano na contratación de 778 persoas en 50 concellos da provincia.
Ademais, a Xunta de Goberno aprobou a cuarta relación da liña 2, o que supón unha inversión de case 370.000 euros por parte do ente provincial. Con estas axudas Baiona financiará un programa de sensibilización en igualdade de oportunidades e prevención da violencia machista e Cerdedo-Cotobade sufragará a ornamentación do Nadal. Pola súa parte, Covelo empregará estes recursos para dinamizar, amosar e impulsar as iniciativas do concello, realizar calendarios, actividades deportivas e rutas guiadas así como para a conservación e mantemento da rede municipal de roteiros.
O Goberno provincial tamén da luz verde aos convenios con outros doce concellos para a prestación do servizo de administración electrónica
A Estrada levará a cabo a súa programación cultural “Estrada Escena”, Fornelos pagará gastos de facturación por tratamento de residuos e a Illa de Arousa fará o propio coa amortización de endebedamento con entidades financeiras. O concello de Lalín financiará programas culturais, a celebración do Día Internacional do Orgullo así como a promoción turística. Pola súa banda, Moaña levará a cabo o servizo de limpeza viaria, Poio fará o propio coa XXXIII Festa da Ameixa e a XX Festa do Mar, Salceda presentará servizo de atención e asesoramento psicolóxico e Soutomaior pagará facturas de recollida de lixo.
Novos convenios para o Servizo de Administración Electrónica
Doutra banda, o Goberno provincial tamén aprobou os convenios con outros doce concellos dentro do novo contrato para que poidan seguir prestando servizo de atención electrónica. Son os municipios de Soutomaior, Silleda, Mos, Gondomar, Tui, A Cañiza, Barro, Portas, Vilaboa, O Rosal, Rodeiro e Mondariz.
Coa aprobación destes novos convenios, a Deputación leva xa aprobados no que vai de ano 42 acordos con entidades locais para a prestación deste servizo. Hai que lembrar que desde que no 2016 a institución provincial puxo en marcha este servizo, son 54 concellos, 6 entidades locais menores e 4 mancomunidades os que se teñen adherido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58