Galicia
A Xunta pide practicar un turismo “responsable” nas Illas Atlánticas
A próxima Semana Santa retomaranse as visitas ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Por este motivo, a Xunta reactivou o pasado 15 de marzo a plataforma telemática a través da cal se poden solicitar as preceptivas autorizacións de acceso a este espazo natural, un trámite que, a día de hoxe, xa realizaron unhas 400 persoas.
Durante unha visita ás inmediacións de Cortegada, unha das illas que forman parte do Parque Nacional, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou os primeiros datos de reservas para a Semana Santa e aproveitou a ocasión para facer un chamamento ao “turismo responsable” que permita compatibilizar as actividades de ocio ao aire libre coa protección e conservación do patrimonio natural.
“Se algo aprendemos ao longo da pandemia é que temos que poñer en valor o turismo de natureza”, declarou a responsable autonómica, quen se referiu en particular ás Illas Atlánticas, a “gran xoia” do patrimonio natural galego, para lembrar que durante os festivos do mes de abril serán un dos destinos turísticos escollidos por moitas persoas.
Ao respecto, Ángeles Vázquez explicou que unha semana despois de activar a central de reservas para poder visitar o Parque Nacional, o ritmo de solicitudes “é bo”. Así, indicou que no caso das Illas Cíes xa hai máis de 300 autorizacións confirmadas para Semana Santa, mentres que no de Ons, emitíronse ata hoxe preto dun cento.
Neste sentido, cómpre lembrar que o límite de visitantes diarios establecido en tempada alta para cada unha das illas vén fixado polo Plan reitor de uso e xestión (PRUX) do Parque Nacional, que entrou en vigor en febreiro do ano 2019. Deste xeito, a capacidade máxima de Cíes é de 1.800 persoas ao día e a de Ons sitúase en 1.300 persoas.
“O que pedimos é responsabilidade, e esa responsabilidade é poder desfrutar do mar, das nosas praias, pero sempre facéndoo con sentidiño. Polo noso ben, pero tamén polo ben do gran patrimonio natural que temos que seguir conservando”, subliñou a conselleira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11