Vigo
O alcalde propoñerá a Francisco Castro como Vigués Distinguido
Abel Caballero anunciou en rolda de prensa a súa proposta de nomealo Vigués Distinguido neste ano 2021 pola súa “extraordinaria contribución ao mundo da cultura durante tantos anos”.
O alcalde salientou o labor desenvolvido pola Editorial Galaxia ao longo da súa traxectoria na que foi “capaz de encontrar espazo nese mundo tan complicado nunha marabillosa combinación do seu amor a Galicia, a querenza a lingua e proposta en lingua galega”.
En referencia particular a Francisco Castro, director xeral de Galaxia e escritor, Abel Caballero destacou a súa “capacidade como escritor extraordinario” nomeando algúns dos títulos da súa autoría como “As palabras da néboa”, “Spam” ou “Memorial do infortunio”.
O rexedor explicou que o acto de entrega dos galardóns deste ano queda adiado ata que as condicións sanitarias permitan celebralo e, namentres, continuarán as propostas de nomeamento dos premiados este ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49