VIGO
O GALP Ría de Cigo-A Guarda e Abanca poñen o foco no crédito e nos investimentos sostibles
O banco redobra os esforzos para axustar o seu catálogo ás demandas do colectivo, moi afectado pola crise sanitaria e económica e as restricións á mobilidade
O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Ría de Vigo-A Guarda e ABANCA dan un novo impulso ao seu traballo conxunto. As dúas entidades escenifican a súa colaboración cun novo convenio en materia financeira que inclúe novas alternativas de crédito, servizos adaptados ás súas necesidades e unha atención especializada. Un renovado marco que permite á entidade financeira e ao Grupo de Acción Local impulsar o desenvolvemento da pesca, o marisqueo e a acuicultura do sur de Galicia.
O presidente do GALP Ría de Vigo-A Guarda, Juan Manuel Gregorio, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, rubricaron esta semana un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co sector primario galego.
Este convenio pon o acento especialmente no crédito. Os profesionais do mar pertencentes ao GALP e os proxectos presentados a este organismo contarán con condicións melloradas na contratación de produtos de ABANCA tanto para poñer en marcha novos proxectos, como para promover a mellora competitiva dos actuais. Ofrécense algunhas opcións como pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións, leasing mobiliario, confirming, avais ou liñas de desconto.
A atención especializada e os produtos a medida, claves na proposta de valor que ABANCA ofrece ao colectivo
ABANCA tamén ofrecerá outros produtos que pretenden mellorar a sostibilidade do sector. É o caso da hipoteca naval, que busca contribuír no proceso de renovación da frota que está vivir o sector en Galicia, coa substitución por embarcacións máis eficientes o por tanto cunha menor pegada no medio ambiente.
O texto tamén inclúe os seguros personalizados para este colectivo. Do mesmo xeito, desde as oficinas de ABANCA facilitarase a información relativa ás opcións de financiamento a través de convenios oficiais que a entidade mantén con ICO, Igape e as SGR galegas.
O GALP Ría de Vigo-A Guarda naceu no ano 2008 co obxectivo de colaborar na gobernanza da súa zona de actuación, que abarca once municipios da costa pontevedresa. O grupo participa activamente na construción da capacidade organizativa da zona pesqueira e serve de núcleo de converxencia e representación de entidades e axentes socioeconómicos con interese no desenvolvemento integral e equilibrado da área. ABANCA conta cun especial compromiso co sector pesqueiro, logo da creación en 2016 de ABANCA Mar, unha división específica con produtos financeiros centrados no negocio da pesca e a conserva e que conta coa experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49