MOS
Fernández-Tapias visita os obradoiros de Mos Peregrino e Mocidade no Camiño
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo xunto á alcaldesa Nidia Arévalo visitou onte ao alumnado destes talleres de emprego no que se forman 36 persoas en albanelería, carpintería, xardinería, conservación de montes e deseño gráfico
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto á alcaldesa Nidia Arévalo, visitou onte ao alumnado dos obradoiros Mos Peregrino e Mocidade no Camiño, dos que destacou a súa tripla dimensión formativa, laboral e de servizo público. Neste sentido, insistiu en que o obxectivo do Executivo autonómico a través destes talleres é ofrecer ás persoas demandantes de emprego unha cualificación especializada que incremente as súas posibilidades de atopar un traballo.
Fernández-Tapias, que tivo a oportunidade de coñecer ao detalle o programa formativo que se está a impartir neste municipio e as actividades que nel se realizan, incidiu na decidida aposta do Goberno galego por ofrecer unha formación á carta das necesidades do tecido empresarial. Con estas iniciativas, dixo, “gañan todos; os participantes e as empresas da contorna”. Asemade, a delegada incidiu na importancia da colaboración entre administracións, por canto se incrementan as oportunidades laborais dos galegos e galegas.
Nesta mesma liña, Fernández-Tapias animou ao alumnado do Mos Peregrino e Mos Mocidade, no que se forman 36 persoas en ámbitos como a albanelería, carpintería, xardinería, conservación de montes e deseño gráfico e que a Xunta financia con 716.438 euros, a aproveitar a oportunidade formativa e laboral que se lles está a brindar.
Puxo en valor as políticas de emprego do Goberno autonómico cun investimento que roza os 12 millóns de euros no conxunto da comarca viguesa
Así, tras sinalar que as políticas de emprego do Goberno autonómico supoñen un investimento que roza os 12 millóns de euros no conxunto da comarca viguesa, detallou os 1,7 millóns de euros que a Consellería de Emprego e Igualdade destina a impulsar 5 obradoiros duais na área territorial (Vigo, Redondela, Mos, Gondomar e Salvaterra) e 3 destinados a menores de 30 anos a través do programa de Garantía Xuvenil (Vigo, Redondela e Mos).
En canto aos programas integrados de emprego, dixo, conta co apoio da Xunta a 15 iniciativas, das que 5 están dirixidas exclusivamente a mulleres, para incrementar a formación e as oportunidades laborais das persoas desempregadas nos municipios da área territorial cun investimento superior aos 4 millóns de euros.
Xa por último, fixo referencia aos preto de 5 millóns de euros que destina o Executivo autonómico ás unidades formativas para persoas desempregadas, 303 acciones que beneficiarán a un total de 4.525 alumnos e alumnas da área territorial viguesa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149