Viernes, 27 de Febrero de 2026

Actualizada Jueves, 26 de Febrero de 2026 a las 22:02:23 horas

Xornal21.es
Domingo, 04 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda inicia o reparto de máis de 200 composteiros individuais

Realizaranse 5 charlas informativas para que os veciños da vila saiban como empregalos axeitadamente

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de máis de 200 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre os veciños que realizaron a súa socilitude.


Estes kits de compostaxe constan dun composteiro individual, aireadores e termómetros, mercados pola Concellería de Medio Ambiente a través dunha subvención do Servizo de Residuos da Xunta de Galicia.


Realizaranse un total de 5 charlas informativas no Centro Cultural nas que a técnica de Medio Ambiente municipal é a encargada de ensinar aos veciños da vila como é o seu funcionamento, cunha breve formación e explicación da montaxe do composteiro. As persoas que se atopan en lista de espera serán chamadas para asistir a estas sesións formativas, que se realizan cun aforo limitado debido ás medidas sanitarias vixentes pola Covid-19.


As persoas que aínda non solicitaron o seu composteiro COIN, poden solicitar un de balde chamando 986 61 00 00 (Medio Ambiente) ou no enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es


Antonio Lomba, alcalde da vila, califica esta iniciativa como moi boa, posto que axuda a reducir de xeito importante a cantidade de lixo orgánico que remataría doutra forma nos contedores, a maiores de que os seus usuarios poden empregar o compost que se xere para aboar as súas fincas ou cultivos.


Montserrat Magallanes, concelleira de Medio Ambiente, aproveitou a ocasión para animar a todos os veciños que aínda non fixeron a súa solicitude a que se inicien na compostaxe e que soliciten un composteiro individual para as súas vivendas, axudando deste xeito ao medio ambiente.


A adquisición destes composteiros realízase ao abeiro das axudas en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 durante os anos 2020 e 2021.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.