VIGO
O Concello substitúe eucaliptos e acacias na Guía por carballos e bidueiros
O Goberno de Vigo acomete a plantación de 75 exemplares de carballos, bidueiros e rododendros cerca do campo de fútbol da Guía, especies autóctonas nun lugar ocupado ata o de agora por eucaliptos e acacias. Caballero puxo en valor que, só no mes de marzo, o Concello plantou 248 novas árbores e outras 700 entregadas ás comunidades de montes
Acompañado polos edís de Parques e Medioambiente, Ángel Rivas e Nuria Rodríguez, respectivamente, o alcalde de Vigo achegouse este martes á ladeira do monte da Guía, na parte baixa do campo de fútbol, para supervisar a plantación de 75 árbores: corenta e cinco carballos, vinte rododendros e dez bidueiros.
Así, o Concello cambia as especies alóctonas existentes -principalmente eucaliptos e acacias- por exemplares propios nun espazo obxecto de actos vandálicos, segundo explicou Caballero: “Alguén, cunha motoserra, cortou uns trinta o corenta eucaliptos. ¿Como respondemos? Plantando case que o dobre de árbores nobres, boas especies, arborado autóctono”. A distribución do arborado farase en sete grupos de carballos e bidueiros, a razón de cinco ou dez exemplares cada un, recuperando a paisaxe existente e tendo en conta o emprazamento do faro da Guía.
O goberno vigués realizou neste mes de marzo numerosas plantacións en zona urbana que suman un total de 248 árbores: 75 no monte da Guía, 21 máis en Barreiro, 42 en Navia, 60 na Avenida de Castelao e outras 50 árbores en Samil. “Só no mes de marzo, plantamos nesta cidade 248 árbores novas”, indicou o rexedor: “É unha satisfacción”. Ademais, Caballero engadiu que tamén en marzo o Concello que preside fixo entrega de 700 árbores máis ás comunidades de montes de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49