Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 06 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta adxudica a construción da senda peonil e ciclista en Parderrubias

As obras comezarán entre finais do mes de abril e principios de maio e terán un prazo de execución de 6 meses, polo que estarán rematadas este ano

A Xunta vén de adxudicar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, en Parderrubias, no concello de Salceda de Caselas, por un importe de máis de 710.000 euros.

 

Esta intervención, adxudicada á empresa Obras, Reformas y Saneamientos S.L, comezará entre finais do mes de abril e principios de maio e terá un prazo de 6 meses, polo que estará rematada este ano.

 

Trátase da execución dunha senda de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude na estrada de titularidade autonómica PO-411, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual e cun ancho que oscilará entre os 1,80 e os 2,30 metros.

 

Esta actuación no núcleo de Parderrubias desenvólvese en tres treitos: un na marxe dereita da vía de acceso ao IES Pedras Rubias; outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985; e o terceiro, tamén pola marxe dereita, entre os puntos 5+970 e 6+250.

 

 

 

 

O proxecto inclúe a disposición dun paso de peóns elevado, a ampliación do paso sobre o regato de Landres e a mellora das interseccións e accesos ás vivendas

 

 

 

 

Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no punto quilométrico 3+715, a ampliación do paso sobre o regato de Landres e a mellora das interseccións e accesos ás vivendas.

 

Nas obras tamén se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento.

 

Esta intervención, que facilitará os desprazamentos dos veciños en condicións máis seguras e sustentables, será cofinanciada con Fondos FEDER 2014/2020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.