Viernes, 23 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 02 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

O Pleno de Mos aproba o convenio do novo GES Mos - Redondela

Este novo operativo mosense, que estará dotado de 6 operarios e que entrará en funcionamento durante a primeira metade do ano, suporá un importantísimo apoio e reforzo para o Servizo Municipal de Emerxencias e para Protección Civil de Mos

O Pleno do Concello de Mos aprobou por unanimidade dos seus membros o pasado luns 29 de marzo a ratificación da aceptación do convenio asinado entre a administración local mosense, Xunta, Federación Galega de Municipios e  Deputación provincial para a posta en marcha dun novo GES Mos-Redondela.

 

Neste senso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Emerxencias e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, manifestaron a súa “satisfacción ante a concesión ao municipio mosense deste novo operativo que suporá un importantísimo apoio e reforzo para o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos”, declararon os representantes municipais.

 

Mos terá un GES compartido con Redondela e, no caso do municipio mosense, a previsión é que poida estar operativo durante o primeiro semestre deste ano 2021. O novo GES Mos-Redondela estará dotado de 12 operarios, 6 para Redondela e 6 para a localidade mosense.

 

Os representantes municipais do Concello de Mos, Arévalo e Costas, declararon que “a concesión deste novo GES para Mos non é froito da casualidade, senón que a administración local mosense conta cun Servizo Municipal de Emerxencias que por número de habitantes non estaría obrigada a ter e que está dotado dunha partida do orzamento municipal anual de 100.000 euros, dunha base cunhas instalacións totalmente equipadas, dun coordinador do Servizo traballador municipal e de 4 camións motobomba”.

 

“É por elo que esta metade do GES que compartimos con Redondela é sobradamente merecida”, insistiu a rexedora local mosense, “e como alcaldesa continuarei a traballar para lograr conseguir un GES completo para Mos”. Arévalo concluíu insistindo na gratitude á Xunta de Galicia por esta nova dotación tan necesaria para a localidade mosense e aplaudida pola veciñanza.

 

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal mosense que estará operativo nesta primeira recta do ano integrarase dentro do mencionado Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos.

 

A renovación do mapa de emerxencias de Galicia acordada mediante un convenio pola Xunta, a Federación Galega de Municipios e as deputacións provinciais modifica a distribución dos efectivos dispoñibles na comarca de Redondela. Así, o GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) desta localidade pasa a unirse co de Mos, aínda que ambas as bases mantéñense. Desde elas atenderanse as necesidades de Mos, Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior.

 

Como xa se dixo a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Emerxencias, Leo Costas, manifestáronse hoxe satisfeitos e agradecidos á Xunta de Galicia por mellorar e completar o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego, a través de 6 novas agrupacións -5 GES e un servizo municipal financiado pola Xunta-.

 

O Goberno galego creará 6 novos servizos de emerxencias -1 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 3 en Pontevedra-, coa colaboración dos Concellos e Deputacións Provinciais, para ofrecer unha mellor atención e tempos de resposta. E un dos 3 novos GES de Pontevedra contará cunha base no municipio mosense.

 

Na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais.

 

No caso da provincia de Pontevedra, contarase con tres novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias: Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serían atendidos polo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios.

 

En materia de financiamento, a Administración autonómica reafirma o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, postos en marcha en 2013 en consenso entre a Xunta, Deputacións e Concellos. De feito os 6 novos servizos, supoñen un incremento no investimento por parte da Xunta de case 300.000 euros, ao pasar de 4,5 a máis de 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES.

 

A este respecto desde o Concello de Mos solicítase tamén que a Deputación de Pontevedra se implique na dotación de equipamento aos Servizos de Emerxencias dos Concellos en xeral e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos en particular, así como a GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, das que Mos tamén conta con unha. Para estes colectivos a Xunta destinou nos últimos dez anos 15,3 millóns de euros. Ademais, as achegas do Goberno galego para financiar os cinco consorcios provinciais e comarcais de bombeiros superan os 9,8 millóns de euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.