Provincia de Pontevedra
Nova aplicación para consultar no móbil os resultados das análises da Finca Mouriscade
Permite ver as conclusións das analíticas ademais de filtros de pescuda personalizados para seleccionar referencias, materiais e rangos de datas
A Deputación de Pontevedra acaba de lanzar a nova aplicación para que as persoas usuarias da Finca Mouriscade poidan consultar e descargar desde os seus móbiles os certificados de ensaio de analíticas. Deste xeito, ao través desta nova ferramenta, poderán ver os resultados das mostras no mesmo momento en que o laboratorio os xere, así como descargar os certificados do ensaio. No que levamos de 2021 xa se analizaron 13.003 mostras, (122 máis que no mesmo período do 2020), procedentes de diferentes puntos da xeografía galega, estatal e europea.
A nova aplicación web (https://resultados-mouriscademobile.depo.gal/·!/login) permite ver os resultados dos parámetros solicitados polas persoas usuarias do laboratorio de Mouriscade en tempo real e sen limitacións. Ademais da consulta de ensaios, tamén vai posibilitar, entre outras utilidades, aplicar filtros de pescuda personalizados que permitirán seleccionar referencias, materiais e rangos de datas. A esta nova aplicación impulsada pola Deputación de Pontevedra hai que engadir outra aplicación, tamén xa rematada, para coordinar as labores de xenética e facturación.
No que vai de 2021 o laboratorio de Mouriscade ten incrementado o número de mostras analizadas con respecto ao mesmo período do 2020. A maior parte das mostras, un total de 4.103, foron realizadas a través do NIR (Near Infrared Reflectance), unha técnica que permite que as análises se entreguen nun prazo de entre 24 e 48 horas. O resto distribúense entre microbioloxía e outras técnicas empregadas polo laboratorio para estudar desde ensilados (herba e millo), ata racións unifeed, forraxes, pensos e mesturas, materias primas empregadas na alimentación animal (principalmente soia, millo e trigo), diferentes tipos de produtos nutricionais empregados na alimentación animal, auga e, tamén, xermes do leite.
As 13.003 mostras que se teñen realizado ata o momento no laboratorio da Finca de Mouriscade da Deputación proveñen principalmente de persoas gandeiras, persoal técnico das fábricas de pensos, técnicas e técnicos de calidade de materias primas relacionadas coa alimentación animal, cooperativas ou mesmo industrias. A maior parte das mostras proveñen de diferentes puntos da xeografía galega estatal, aínda que tamén se recolleron nestes meses demandas a nivel europeo, sendo Alemaña e Portugal os principais países que solicitan os estudos.
A Deputación de Pontevedra está a dar un forte pulo á Finca de Mouriscade, a través dun moderno plan de reactivación que está a permitir modernizar as súas instalacións e incorporar novas tecnoloxías para convertela "nunha referencia para o sector agrogandeiro". No marco deste plan de impulso, tamén se inclúe un potente plan de comunicación e a posta en marcha dun comité de persoas expertas e outro de información que integra aos concellos da comarca.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58