Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 06 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
O ROSAL

Grande acollida das rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón

As 24 prazas dispoñibles enchéronse en cuestións de horas. Familias e grupos de amigos procedentes do Baixo Miño, Val Miñor e Vigo, perfil maioritario

Grande acollida das rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón organizadas polo concello do Rosal para esta Semana Santa. O éxito da proposta reflíctese no rápido que se encheron as tres quendas propostas, con 24 prazas totais dispoñibles que se encheron en cuestión de horas. Un percorrido de 3,5 km cun guía autorizado co que as persoas participantes coñeceron a contorna, a súa historia e os valores patrimoniais desta singular zona rosaleira. “Queriamos ofrecer unha alternativa para desfrutar destas vacacións dun xeito seguro e en plena natureza, descubrindo a todas as persoas visitantes un dos recunchos máis fermosos do noso municipio”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.


O perfil maioritario das persoas participantes foron familias ou grupos de amigos tamén con nenos e nenas procedentes de poboacións da contorna: do propio Baixo Miño, do Val Miñor e de Vigo. Xente que en moitos caos xa coñecía o lugar tras visitalo de xeito libre ou tras participar nalgunha edición do Trail Adventure Muíños do Folón e que tiñan interese en participar nunha actividade guiada na que se explicase a historia desta peculiar formación de 61 muíños construídos en fervenza hai séculos. A idade dos participante foi do máis variada, dende nenos e nenas a partir de 9 anos ata persoas de máis de 70, reforzando a idea de que se tratan de rutas pensadas e adaptadas para todos os públicos.


Durante a visita, ademais de coñecer a historia da contorna, as persoas participantes tamén puideron ver funcionando o muíño número 1 e recibir unha explicación do funcionamento destas construcións con el en marcha. Ademais, puideron ver diferentes variedades de fariña de millo que se dan en Galicia pero que son pouco coñecidas.


As rutas realizáronse con todos os protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias, con grupos de aforo reducido e respectando todas as medidas de prevención.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.