Domingo, 08 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 06 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os populares do Porriño critican o Pleno “a dedo”

"A convocatoria da sesión Ordinaria non respecta nin o acordo plenario que establece a periodicidade dos Plenos ordinarios nin a hora establecida nin o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración e quebranta as regras básicas para a formación da vontade do órgano colexiado ( Pleno), constituíndo motivo de nulidade dos acordos adoptados", así o presentaron onte por rexistro os integrantes do Partido popular do Porriño que tamén pediron un ao Secretario Municipal.

 

"Un Pleno ordinario do mes de Marzo que se celebrou o pasado mércores 31 e que foi suspendido por decisión da Alcaldesa de Porriño, convócase unha semana despois, sen respectar nin o acordo plenario que establece a periodicidade dos Plenos ordinarios nin a hora establecida nin o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración, engadindo a exclusión dunha integrante da corporación Municipal na convocatoria do Pleno,negando así a que exerza o seu dereito fundamental , todo isto por decisión da Alcaldesa de Porriño que a exclúe da convocatoria por chamala “mentireira”, algo que o seu propio grupo usou media hora antes no mesmo Pleno en reiteradas ocasións, sen advertencia algunha da Alcaldesa, e todo isto coa complicidade dos seus socios de goberno e investidura" segundo explican dende o PP.

 

 

O Art. 87 do ROF. “ Toda sesión, sexa ordinaria ou extraordinaria, haberá de respectar o principio de unidade de acto e procurarase que termine no mesmo día do seu comezo. Se este terminar sen que se debateron e resolvido todos os asuntos incluídos na orde do día, o Presidente poderá levantar a sesión. Neste caso os asuntos non debatidos haberán de incluírse na orde do día da seguinte sesión”.

 

"O que non é posible é suspender a sesión e continuala ao día seguinte ou seguintes, pois con iso infrínxese o principio de unidade de acto e constitúese unha ilegalidade, entendemos pois que o que procede  é convocar  unha nova sesión, con carácter extraordinario, incluíndo na súa orde do día os asuntos que quedaron pendentes , se hai razóns de urxencia e expoñendo os motivos, pero cumprindo os acordos plenarios sobre periodicidade , horas, prazos establecidos e coa totalidade da Corporación Municipal, non a escollida pola Alcaldesa ao seu criterio e elección" sinalan os populares.

 

Engaden que "a convocatoria da sesión non respecta os dereitos dos concelleiros e concelleiras, nin os acordos plenarios, nin o prazo mínimo de 2 días hábiles para a súa celebración e quebranta as regras básicas para a formación da vontade do órgano colexiado ( Pleno), constituíndo motivo de NULIDADE dos acordos adoptados, algo que pode ser alegado por calquera sobre os acordos que se leven a cabo".

 

 

Dende o PP rematna dicindo que "hoxe neste Pleno quedará claro quen se atopa á beira dunha Alcaldesa que esta á deriva, que nada fai por Porriño e as súas parroquias, é unha Alcaldesa que o que fai o fai a dedo e en beneficio das empresas que nada teñen que ver co noso Porriño , a propósito e coa complicidade dos seus socios de goberno, algo do que o Partido Popular do Porriño non será complice, nin asistirá a unha nova obra de teatro deste goberno Municipal".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.