GALICIA
Galicia é a segunda comunidade con maior caída do paro en marzo
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, destacou hoxe que a redución do desemprego con respecto a febreiro, nun -2,43%, é a maior rexistrada en toda a serie histórica, desde 1996
Galicia pechou o mes de marzo cunha caída do paro do -2,43%, o que a sitúa como a segunda comunidade autónoma na que máis baixou o desemprego con respecto ao mes de febreiro. De feito, o descenso rexistrado é maior á caída da media do Estado (-1,48%), con case un punto de diferencia. Esta redución supón, ademais, a maior da serie histórica (1996), tal e como destacou hoxe en Santiago de Compostela a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado.
Os datos do paro no mes de marzo, segundo valorou Lado, reflicten que Galicia continúa a resistir os efectos da pandemia sobre o mercado laboral. Destacou, neste senso, que a comunidade volveu rexistrar menos persoas sen emprego que ao inicio da covid-19 (10.910 parados menos con respecto a abril de 2020). A caída do paro nun 2,43% supón, ademais, que Galicia continúa coa evolución positiva rexistrada nos meses de marzo desde 2013 e que se viu só interrompida en marzo de 2020 polo inicio da pandemia.
O desemprego caeu, así mesmo, nas catro provincias, nas sete grandes cidades, en todos os sectores de actividade e en todos os tramos de idade.
Con respecto ás afiliacións, Lado indicou que creceron na evolución mensual nun 0,47%, un aumento lixeiramente superior á subida do Estado (+0,38%). A comunidade galega é, de feito, a quinta cun maior crecemento das afiliacións en termos absolutos. A pesar da crise sanitaria, e, tal e como apuntou a directora xeral, as cotizacións medran en marzo, continuando coa evolución positiva rexistrada desde 2013 e só interrompida en marzo de 2020 polo impacto inicial da covid-19.
En canto ás contratacións, incrementáronse tamén en marzo con respecto a febreiro deste ano nun 26,09% (formalizáronse 12.830 novos contratos). Lado destacou a importancia dos contratos indefinidos que creceron un 63,7% (+3.588 contratos) “triplicando este ritmo de subida ao reflectido na contratación temporal (+21,23%)”. A tempo completo tamén aumentou con respecto a febreiro nun 20,16%.
Galicia segue a rexistrar menos persoas sen emprego que no inicio da pandemia e na evolución mensual a contratación indefinida aumentou nun 63,7%, triplicando o ritmo de subida reflectido na temporal
Na evolución anual, o paro aumentou en Galicia nun 3,58% (+6.238 persoas). Pese a este crecemento, a comunidade continúa en niveis de desemprego inferiores a hai 12 anos: en marzo de 2009, ao comezo da crise económica, o aumento foi oito veces superior ao de agora. Ao igual que na lectura intermensual, subiu a contratación nun 10,89% (+6.087 contratos) e medrou a de carácter indefinido (+44,28%) e a tempo completo (+12,40%). A contratación indefinida medrou a maior ritmo que no Estado (42,5%).
Manter o emprego
A responsable de Formación e Colocación insistiu en que “a máxima preocupación da Xunta é nestes momentos manter o maior número de empregos posibles apoiando, para iso, aos sectores económicos de Galicia”.
Tal e como relatou, a prioridade pasa neste momento por rematar os pagos das axudas do segundo Plan de rescate e na activación, “o antes posible” dun terceiro Plan, en paralelo ás axudas que se están poñendo en marcha noutros sectores coas que se quere estimular o consumo (comercio, turismo ou eido cultural).
“Xa estamos deseñando o terceiro Plan de rescate da man dos autónomos e axentes sociais para poder tramitalo en canto o Estado decida transferir os fondos ás comunidades”, afirmou Zeltia Lado, quen lamentou que o Goberno central non escoitara ás comunidades, “que esiximos un reparto xusto destes cartos”. “Despois de semanas discutindo entre eles, é preciso que o Estado se preocupe xa polo que verdadeiramente urxe, que é axudar ás empresas e autónomos deste país”, enfatizou.
A Xunta xa mobilizou en catro meses, a través dos dous plans de rescate, máis de 160M€ en axudas directas ás actividades máis afectadas pola pandemia e anunciou que, de ser necesario, seguirán a sacarse os plans de rescate que sexan precisos para acompañar ás restricións sanitarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58