GALICIA
A AXEGA colabora no máster universitario de prevención de riscos laborais da Universidade da Coruña
A Facultade de Ciencias do Traballo, do Campus de Ferrol, imparte o Máster Oficial Universitario de Prevención de Riscos Laborais e riscos comúns
O persoal técnico da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior vén de colaborar cos docentes da materia de Protección Civil e Xestión de Emerxencias da Universidade da Coruña.
Así, impartiuse unha charla sobre planificación e coordinación de emerxencias no sistema integrado de protección civil de Galicia, que puido contar coa participación dos medios da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).
Os alumnos serán habilitados como Técnicos Superiores en prevención de riscos laborais, Auditores de sistemas de prevención e Directores do Plan de Autoprotección e do Plan de actuación en emerxencia
Para a ocasión, desprazouse ata as instalacións universitarias da cidade departamental, o ente instrumental da Xunta de Galicia para o estudo e execución da política autonómica en materia de Protección Civil e Xestión de Emerxencias. Os medios trasladados compóñense de: un vehículo de apoio á constitución dun Posto de Mando Avanzado, mando táctico na xestión operativa de emerxencias, e a Unidade Operativa de Drons.
Co apoio nesta actividade docente, búscase trasladar aos alumnos unha visión, o máis real posible, da xestión operativa de emerxencias e da dinámica que leva a cabo coa intervención dos medios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58