GALICIA
A Xunta destinará preto de 44,3 m€ para a inserción laboral de 16.600 persoas
Feijóo sinala que as convocatorias de axudas saíran publicadas este mes e que se considerará aos traballadores afectados por ERTE, suspensión de contrato ou redución de xornada como colectivo prioritario
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou onte na rolda de prensa de Consello que a Xunta investirá preto de 44,3 M€ para mellorar as perspectivas de inserción laboral de 16.600 persoas en situación de desemprego. De xeito que o orzamento destinado a tal fin medra un 23% con respecto ao convocatoria de 2019/20, permitindo formar a 5.800 alumnos máis e programar 300 cursos adicionais.
Sobre este punto, Feijóo explicou que as convocatorias de axudas saíran publicadas este mes, ao tempo que salientou que en total a Xunta destinará este ano máis de 72 M€ a diferentes programas de formación.
Destaca que a formación será válida para acceder aos certificados de profesionalidade en toda España
Durante a súa intervención, o presidente da Xunta destacou tamén as que serán as principais novidades desta convocatoria: o impulso da teleformación e a aula virtual; a consideración dos traballadores afectados por ERTE, suspensión de contrato ou redución de xornada como colectivo prioritario; ou a potenciación da formación dirixida a persoas con discapacidade.
Nesta liña, recordou que a formación será válida para acceder aos certificados de profesionalidade en toda España. Así como que o alumnado poderá acceder a estes cursos a través das oficinas de emprego de Galicia ou da web https://emprego.xunta.gal.
Finalmente, concluíu subliñando que o 50% do orzamento financiará a formación en competencias clave, e para sectores como o metal, o naval, a automoción, as competencias dixitais ou a construción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58