Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 08 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Pleno do Consorcio Provincial Contra Incendios aproba o serivizo "cen por cen público"

Unanimidade na sesión á xestión directa, como a forma máis sostible e eficiente da prestación, que entrará en vigor o vindeiro 1 de xuño

O Pleno do Consorcio provincial Contra Incendios, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% pola Xunta de Galicia, deu hoxe o visto bo ao pase á xestión directa da prestación do Servizo coa aprobación definitiva da Memoria que regula os aspectos sociais, xurídicos, económicos, técnicos e financeiros do novo modelo que entrará en vigor o próximo 1 de xuño. Na sesión, dirixida por Carmela Silva como presidenta da Deputación, participaron o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, amais dos representantes da institución provincial, Carlos Font e Santos Héctor , así como a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, e o novo delegado en Pontevedra, Luis López, que tomou posesión como vogal no Consorcio.

 

O pleno aprobou por unanimidade a memoria co cambio do modelo na que se conclúe que a forma de xestión máis sostible e eficiente é a xestión directa, o que implica o pase do servicio de emerxencias e contra incendios na provincia á xestión cen por cen pública. Este cambio leva implícita a subrogación do persoal de intervención co carácter de persoal indefinido non fixo ou interinidade ata a cobertura dos postos con carácter definitivo. O persoal mantén as condicións laborais que tiñan co anterior modelo.

 

A presidenta provincial, Carmela Silva, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, expresaron o seu recoñecemento e felicitación aos equipos que tiveron que facer un “inxente traballo” para levar a cabo con éxito o proceso do pase á xestión pública. Carmela Silva agradeceu o “enorme esforzo para  cumprir en tempo en forma co procedemento” e Santiago Villanueva uniuse aos agradecementos ao persoal. “Agora temos que seguir traballando para que o servizo vaia ben e tirar para adiante”.

 

O pleno deu tamén luz verde ao expediente de modificación de crédito para adaptar á nova situación de xestión directa o orzamento 2021 do Consorcio, e aprobou a modificación do cadro de persoal e retribucións para este exercicio. A modificación orzamentaria será ratificada no próximo pleno da Deputación de Pontevedra para a súa tramitación dentro do Orzamento Xeral da institución provincial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.