Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 10 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Comeza as catas para o estudo de supresión do paso a nivel no Porriño

A empresa “GOC Consultoría e Ingeniería” comezou a executar as "catas e sondaxes precisas para o proxecto de supresión do paso a nivel en O Porriño" segundo informan dende o Concello. Tratase do estudo xeo técnico a incluír no proxecto construtivo que acomete o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF). “GOC” foi a adxudicataria en unión temporal de empresas coa firma “Proínte” para a redacción do devandito proxecto.


Segundo a documentación presentada pola adxudicataria, o obxectivo é determinar a estrutura xeolóxica dos terreos, tanto na área do paso a nivel a suprimir como ao longo dos posibles puntos onde sexa construída a nova estación do ferrocarril, xa sexa ao norte ou ao sur do Porriño. Actualmente, os redactores do proxecto están a valorar ata seis alternativas diferentes.


Os traballos xeo técnicos a desenvolver, que comezarán a longo deste mes de abril e durarán como máximo dous meses, consistirán en ensaios, catas e sondaxes tanto na vía do tren como nos terreos lindantes e tamén nas estruturas atravesadas polo trazado que poderían terse afectado polo proxecto que se decida.


A alcaldesa manifestou esta semana que “é unha nova fantástica xa que é a primeira vez que se chega tan lonxe nesta arela da veciñanza para acadar a eliminación do paso a nivel polo centro do Porriño”. O inicio das catas amosa, segundo Eva Garcia, “a normalidade coa que se traballa no Concello pois máis aló do balbordo político, estamos a xestionar con tranquilidade e as cousas avanzan razoablemente ben para transformar Porriño nunha vila moderna e alegre>”, rematou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.