GALICIA
Feijóo tende a man ao novo delegado do goberno para traballar coa Xunta
O presidente da Xunta asistiu esta tarde á toma de posesión de José Miñones como delegado do Goberno en Galicia
O presidente do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, tendeu hoxe a man ao novo delegado do Goberno en Galicia para traballar coa Administración autonómica en favor dos intereses da Comunidade.
Durante a toma de posesión de José Miñones, o titular da Xunta recordou que son moitos os desafíos aos que Galicia está a facer fronte tras a pandemia, referíndose aos retos da reactivación económica e social.
Nesta liña, aseverou que o Goberno galego seguirá xestionando con rigor, con responsabilidade e apostando pola cooperación. “A autonomía galega non se basea no afán de diferenciar nin de confrontar, todo o contrario. Cremos no noso papel dentro de España e iso lévanos a apostar pola cooperación leal”, abundou.
O responsable do Executivo autonómico concluíu agradecendo o traballo de Javier Losada á fronte da delegación, e desexándolle a Miñones moitos acertos no seu novo labor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58