Ponteareas
Investigan a subtracción de sinais de tráfico na zona do Centro de Saúde
A Policía Local de Ponteareas investiga a subtracción na semana pasada de varios sinais de tráfico instalados o xoves para a nova reordenación do tráfico no entorno do Centro de Saúde.
Os sinais foron retirados por persoas descoñecidas e ocultadas en varios lugares das inmediacións onde foron localizadas. A Policía Local realiza indagacións para identificar ao autor ou autores desta acción, que constitúe un delito contra a seguridade viaria penado con prisión de seis meses a dous anos de cárcere.
O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, considerou “lamentábel e intolerábel estes comportamentos” e asegurou que “se investigará para localizar aos autores”. Mera engadiu que “tamén temos detectado comportamentos consistentes en retirar ou modificar a posición de sinais temporais que prohiben estacionar por razón de obras ou eventos o que tamén constitúe unha infracción”. O edil nacionalista advertiu que “non imos consentir que uns poucos desprecen as normas de convivencia e para erradicar estas actitudes inadmisíbeis actuaremos coa máxima contundencia”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49