Domingo, 22 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 12 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

O Museo de Pontevedra lanza ‘Novos Valores 2021'

Concederanse catro bolsas de 7.500 euros para a formación de artistas noveis de ata 35 anos a través dun proceso de selección dividido en catro fases

O Museo de Pontevedra vén de poñer en marcha o certame de artes plásticas Novos Valores 2021 mantendo as novidades da pasada edición, a limitación de idade aos 35 anos e o proceso de selección en catro fases, co obxectivo de potenciar o traballo dos artistas noveis e de acadar a máxima calidade entre as propostas presentadas.

 

A convocatoria ten por obxecto a concesión de catro bolsas de 7.500 euros cada unha, destinadas a promover a formación de artistas naturais ou residentes en Galicia con idade comprendida entre  18 e 35 anos, con traballos dentro das modalidades de pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica e vídeo creación, entre outras, susceptibles de considerarse  "novos valores".

 

As obras que se presenten deberán ser orixinais e inéditas.  O procedemento para a selección das persoas bolseiras constará de catro fases: a primeira de presentación de solicitudes, unha segunda de selección de propostas, unha terceira de presentación de obras seleccionadas e unha cuarta de concesión das bolsas.

 

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse, por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal, desde este luns 12 ao 30 de abril.

 

Segundo explica o director do Museo Xosé Manuel Rey, "a promoción de actividades culturais, en xeral, e a das manifestacións artísticas, en particular, é un dos trazos que mellor representa a Deputación de Pontevedra ao longo da súa historia. Un dos fitos máis destacados deste labor de patrocinio é a concesión de axudas a creadoras e creadores noveis, documentadas xa na segunda metade do século XIX, desenvolvidas con criterios e formatos moi diversos ao longo do século XX e con continuidade e vixencia plena na actualidade. É por iso que, amparada nestes sólidos fundamentos, a Deputación de Pontevedra convoca o Certame de Artes Plásticas Novos Valores 2021".

 

Proceso de selección

As persoas interesadas en tomar parte do certame deberán achegar a súa proposta técnica de obra a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra, entre o 10 e o 23 de maio incluíndo ata cinco fotografías da peza  e unha memoria desta que inclúa a ficha técnica (título, técnica, medidas, ano de realización) e a súa descrición, atendendo aos aspectos conceptuais, teóricos e metodolóxicos que permitan unha mellor comprensión da obra. Tamén é preciso presentar un dossier cos traballos desenvoltos pola autora ou autor, que permita coñecer a súa traxectoria artística, e tamén un escrito explicando a finalidade ou destino formativo para o cal se concorre á bolsa.

 

Unha vez revisadas polo Museo de Pontevedra as propostas presentadas, xunto coa súa documentación técnica xustificativa, convocarase ao xurado que examinará, valorará e seleccionará ata un máximo de 25 das propostas presentadas coas que se conformará a exposición Novos Valores 2021.

 

A mostra estará aberta ao público no  edificio Castelao do Museo de Pontevedra do 8 de xullo ao 12 de setembro de 2021 e, coas obras seleccionadas xa expostas, e con carácter previo á inauguración da mostra, o Xurado convocarase de novo para proceder á proposta das catro persoas merecedoras da adxudicación das bolsas. Na edición de 2020 foran 38 as persoas que participaran no certame.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.