Redondela
‘O Museo en camiño' inicia a súa andanza en Redondela
O primeiro obradoiro da iniciativa destinada a rapazada de 6 a 12 anos celebrarase o 16 de abril no Multiusos da Xunqueira
‘O Museo en camiño', unha iniciativa do Museo de Pontevedra e do programa ‘O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, comezará o vindeiro venres 16 de abril a súa andanza en Redondela para dar a coñecer os fondos da institución museística pontevedresa e difundir o ‘espírito xacobeo' polas vilas do Camiño Portugués.
A actividade desenvolverase no Multiúsos da Xunqueira de 17 a 19 horas e terá como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan un pouco máis sobre o patrimonio artístico e cultural do Camiño de Santiago.
Este obradoiro de carácter plástico e creativo terá as prazas limitadas para poder cumprir con todas as medidas sanitarias actuais, polo que as persoas insteresadas en que participen as súas crianzas deben formalizar a inscrición previa - de balde- no correo electrónico contacto@tallerabierto.info ata completar aforo. Daráselle prioridade á cativada da localidade de destino, neste caso, de Redondela.
O Museo de Pontevedra convértese así nun ‘museo itinerante' que seguirá o Camiño Portugués durante os meses de abril, maio e xuño e parará en dez poboacións da ruta como son tamén Tui, Ribadelouro, Cesantes, Arcade, Barro, Caldas, Valga, Pontecesures e Padrón.
Os fondos da institución chegarán á cativada da man dunha ‘maleta viaxeira' con réplicas en miniatura de pezas consideradas esenciais para o Museo de Pontevedra: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra Santa María dende A Caeira' de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra ‘O Mercado' de Carlos Maside, ‘A Terra' de Manuel Torres, ‘Santa Tegra' de Lugrís, e ‘Mulleres parolando' de Luis Seoane. Todas elas foron escollidas por seren unha mostra representativa do que é o gran colector cultural que é o Museo e serán a base sobre a que desenvolver unidades didácticas para traballar contidos relacionados coa historia, a arte e o patrimonio.
Os colectivos creadores do programa e que traballarán coa rapazada serán Taller abierto e Paspallás . A inciativa inclúe tamén unha exposición no Museo de pontevedra para o mes de setembro coa que se pechará o percorrido "coa intención de trasladar todo o vivido ao público".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58