PROVINCIA
A administración electrónica garantizará o servizo de 64 entidades locais
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra deu luz verde aos catro últimos acordos cos concellos de Sanxenxo, Moaña e Ponteareas e coa Mancomunidade do Morrazo
A Deputación de Pontevedra aprobou os últimos convenios cara ao novo contrato para a prestación do Servizo de Administración Electrónica nas entidades locais da provincia de menos de 50.000 habitantes, que conta cun investimento total de 578.500€. O Goberno deu vía libre aos acordos cos concellos de Sanxenxo, Moaña, Ponteareas e coa Mancomunidade do Morrazo, cos que pecha e garante o servizo ás 64 as entidades locais que se teñen adherido, en concreto 54 concellos, 6 entidades menores e 4 mancomunidades
A través destes convenios os concellos asumen unha contraprestación en función do seu número de habitantes. En concreto, o servizo finánciase cunha aportación do 75% da Deputación e o 25% os concellos. Con esta prestación se realiza o mantemento das plataformas de tramitación electrónica, a sede electrónica personalizada e o portal de xestión de procedementos/expedientes electrónicos.
Amais, o servizo posibilita a realización electrónica de calquera trámite dun procedemento, xestión documental integral dos documentos, arquivo electrónico e traballo de forma coordinada con outras administracións. Tamén inclúe o soporte e mantemento correctivo, e seguimento do proceso dende a súa implantación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58