MOS
Avalancha de veciños para informarse da revisión catastral en Mos
Un cento de veciños ao día infórmanse da revisión catastral en Mos
veciños/as hoxe á entrada de Urbanismo, esperando para recibir información catastral. As fortes choivas desta mañá reduciron as visitas pero a media diaria de afluencia está a ser de 100 persoas.
Avalancha de veciños na oficina municipal de información sobre Catastro do Concello de Mos. A administración local mosense destina desde esta semana dúas traballadoras municipais (a arquitecto técnico e unha administrativo) á información pública sobre a nova revisión catastral pola que Catastro realiza unha ponencia de valores do chan e das edificacións aumentando notablemente o importe do IBI aos mosenses.
Catastro xa enviou máis de 2.000 cartas a contribuíntes de Mos notificando a revisión. Algúns deles xa a recibiron e acudiron ao Concello para informarse, rexistrándose onte unha enorme afluencia de veciños que hoxe diminuíu algo por ser unha mañá de intesas precipitacións. A media diaria de persoas atendidas en horario de 09.00 horas a 14.00 horas é dun cento.
Catastro irá realizando o envío fraccionado e progresivo destas cartas informativas aos contribuíntes mosenses, a razón dunhas 2.000 cartas por semana ata chegar ás 13.381 destinadas á veciñanza de Mos (correspondentes ao número de fincas afectadas). As desta semana xa saíron e están a ser recibidas e a semana que ven recibiranse 2.000 máis.
A Dirección Xeral de Catastro decidiu engadir as construccións á ponencia de valores do chan en Mos, aumentando aínda máis a subida do IBI aos mosenses. Así mesmo rexeitou o acordo plenario unánime de solicitude de moratoria e decidiu incluír as edificacións sen anunciarllo ao Concello.
Nestas dúas primeiras xornadas de atención rexistrouse unha afluencia media de 100 persoas ao día, sendo onte máis intensa que hoxe, posto que as fortes choivas desta mañá reduciron as visitas
O Catastro non só denegou solicitude da Corporación de Mos ao completo, aprobada por unanimidade en Pleno o pasado mes de febreiro, de retirada do anuncio de revisión do relatorio de valores do municipio e unha moratoria de dous anos desta revisión colectiva, impulsada pola Dirección Xeral de Catastro do Ministerio de Facenda, para evitar que a veciñanza teña que enfrontarse a un aumento do Imposto de Bens Inmobles este ano. Se non que ao anuncio da ponencia de valores do chan engadiron tamén a actualización de valores das edificacións, a pesar de que xa realizaran unha ponencia deste tipo hai poucos anos. Esta actualización que afecta as construcións non se comunicou ao Concello nin se anunciou de ningún modo, senón que a administración local mosense decatouse de casualidade por terceiras persoas que teñen acceso á devandita información.
Dada a gravidade do asunto, que a moitas familias supoñeralles centos de euros máis ao ano, e que se iniciou de forma unilateral por Catastro, desde o Concello encargouse un informe xurídico para estudar a posibilidade de recurso. Está a facerse un estudo legal e xurídico deste tema, sobre o alcance que podería ter o procedemento.
Estudo que se abordará nunha nova sesión da Comisión de Seguimento do novo Procedemento de Valoración Catastral, a celebrar o vindeiro xoves 15 de abril e na que se analizará esa posible vía legal.
Desde o Concello de Mos laméntase enormemente que, no medio dunha situación terrible para moitas familias, no medio dunha pandemia e unha crise económica, decídase subir desta forma os impostos á cidadanía con este catastrazo que ademais ten efectos retroactivos.
veciños/as hoxe á entrada de Urbanismo, esperando para recibir información catastral. As fortes choivas desta mañá reduciron as visitas pero a media diaria de afluencia está a ser de 100 persoas.Avalancha de veciños na oficina municipal de información sobre Catastro do Concello de Mos. A administración local mosense destina desde esta semana dúas traballadoras municipais (a arquitecto técnico e unha administrativo) á información pública sobre a nova revisión catastral pola que Catastro realiza unha ponencia de valores do chan e das edificacións aumentando notablemente o importe do IBI aos mosenses.
Catastro xa enviou máis de 2.000 cartas a contribuíntes de Mos notificando a revisión. Algúns deles xa a recibiron e acudiron ao Concello para informarse, rexistrándose onte unha enorme afluencia de veciños que hoxe diminuíu algo por ser unha mañá de intesas precipitacións. A media diaria de persoas atendidas en horario de 09.00 horas a 14.00 horas é dun cento.
Catastro irá realizando o envío fraccionado e progresivo destas cartas informativas aos contribuíntes mosenses, a razón dunhas 2.000 cartas por semana ata chegar ás 13.381 destinadas á veciñanza de Mos (correspondentes ao número de fincas afectadas). As desta semana xa saíron e están a ser recibidas e a semana que ven recibiranse 2.000 máis.
A Dirección Xeral de Catastro decidiu engadir as construccións á ponencia de valores do chan en Mos, aumentando aínda máis a subida do IBI aos mosenses. Así mesmo rexeitou o acordo plenario unánime de solicitude de moratoria e decidiu incluír as edificacións sen anunciarllo ao Concello.
Nestas dúas primeiras xornadas de atención rexistrouse unha afluencia media de 100 persoas ao día, sendo onte máis intensa que hoxe, posto que as fortes choivas desta mañá reduciron as visitas
O Catastro non só denegou solicitude da Corporación de Mos ao completo, aprobada por unanimidade en Pleno o pasado mes de febreiro, de retirada do anuncio de revisión do relatorio de valores do municipio e unha moratoria de dous anos desta revisión colectiva, impulsada pola Dirección Xeral de Catastro do Ministerio de Facenda, para evitar que a veciñanza teña que enfrontarse a un aumento do Imposto de Bens Inmobles este ano. Se non que ao anuncio da ponencia de valores do chan engadiron tamén a actualización de valores das edificacións, a pesar de que xa realizaran unha ponencia deste tipo hai poucos anos. Esta actualización que afecta as construcións non se comunicou ao Concello nin se anunciou de ningún modo, senón que a administración local mosense decatouse de casualidade por terceiras persoas que teñen acceso á devandita información.
Dada a gravidade do asunto, que a moitas familias supoñeralles centos de euros máis ao ano, e que se iniciou de forma unilateral por Catastro, desde o Concello encargouse un informe xurídico para estudar a posibilidade de recurso. Está a facerse un estudo legal e xurídico deste tema, sobre o alcance que podería ter o procedemento.
Estudo que se abordará nunha nova sesión da Comisión de Seguimento do novo Procedemento de Valoración Catastral, a celebrar o vindeiro xoves 15 de abril e na que se analizará esa posible vía legal.
Desde o Concello de Mos laméntase enormemente que, no medio dunha situación terrible para moitas familias, no medio dunha pandemia e unha crise económica, decídase subir desta forma os impostos á cidadanía con este catastrazo que ademais ten efectos retroactivos.







































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184