Vigo
Os Coidadores de Barrio do Concello superaron os mil servizos en marzo
En declaracións esta semana, Abel Caballero valorou que o servizo municipal “funcionou extraordinariamente ben” no pasado mes, con acompañamentos a persoas maiores nas súas xestións co médico, a compra ou a farmacia, e en distintas zonas da cidade.
“A pandemia intervén moito no traballo dos Coidadores de Barrio”, explicou o alcalde, e pese a todo este programa municipal vén de superar no mes de marzo os mil servizos prestados aos usuarios.
Segundo detallou o rexedor, o perfil de persoa beneficiaria da iniciativa é unha muller de idade avanzada, que precisa de apoio para pasear, para recados como ir á farmacia ou facer a compra e para acompañamentos de tipo periódico, como acudir ao médico, a algunha actividade lúdica ou a asociacións.
No relativo ás zonas da cidade, a trintena de traballadores “operaron de forma máis ou menos homoxénea”, en verbas de Caballero, cunha actividade “moi repartida” en toda a cidade e funcionamento en función da demanda do servizo. O programa de Coidadores de Barrio, detallou, cubriu as áreas de Martínez Garrido, Lavadores e A Doblada, Casco Vello-centro, Teis, Coia-Bouzas e as Travesas.
Por último, o alcalde puxo en valor o “proceso continuo de formación” dos e das traballadoras “para que o servizo sexa cada vez o máis completo posible”. Así, concretou que os coidades de barrio recibiron cursos sobre ferramentas dixitais ou comunicación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49