Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 19 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP esixe a Concello e Goberno central que paralicen de xeito inmediato a revisión catastral

Alejandro Lorenzo esixe unha reunión urxente dos voceiros locais para defender aos veciños dun “grave golpe económico nun momento especialmente complicado”

O Partido Popular solicita ao Concello do Porriño e ao Goberno central que paralicen “de xeito inmediato” a revisión do catastro no municipio, que “suporá un grave golpe económico para os veciños nun momento especialmente complicado pola crise derivada da Covid-19”.

 

O voceiro do PP, Alejandro Lorenzo, fai referencia ao anunciou que publicou na súa web o Catastro, pertencente ao Ministerio de Facenda) o 6 de abril, no que se anuncia a revalorización catastral de todas as parcelas do Porriño, o que suporá subas millonarias para todos os veciños nun momento moi complicado, no que moitas familias están pasando graves apuros.

 

 

 

 

Recorda á alcaldesa que “ten que estar na defensa dos veciños” e pregunta que fixo ao respecto desde que se publicou o anuncio o 6 de abril

 

 

 

 

“Estamos aínda en prazo para paralizar este catastrazo”, e por iso Lorenzo reclama que se convoque con urxencia ao voceiros locais para facer protesta conxunta e solicitar unha reunión en Catastro”. Ademais, pregunta ao Goberno local que pasos deu e que está facendo “para defender desde xa aos veciños e veciñas do Porriño, porque non se entende que desde que se publicou o anuncio o 6 de abril, a alcaldesa non advertise desta situación tan grave”.  

 

Ademais, recorda que segundo este anuncio, ábrese trámite de audiencia de dez días hábiles desde a súa publicación (ata o 20 de abril incluído) para que os afectados poidan facer as súas alegacións e presentar as probas que estimen pertinentes na xerencia do Catastro en Pontevedra, previa obtención de cita a través da sede electrónica de catastro ou a través dun teléfono. “A alcaldesa ten que estar na defensa dos veciños e das veciñas, e durante dez días estivo ocultando un catastrazo que suporá unha grave carga económica para as familias en plena pandemia, e tamén prexudicando a todas aquelas persoas que queiran presentar as súas alegacións correspondentes, que agora só contan con tres días hábiles para facelo”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.