Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 15 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Almorzo saudable na escola no Día do Neno

O obxectivo deste obradoiro impartido por enfermeiras do Centro de Saúde de Mos é previr enfermidades crónicas e outros problemas de saúde, e un dos lugares onde se traballa mellor esta prevención é na escola, como responsable da adquisición por parte dos nenos e nenas de información, formación e valores necesarios para adquisición dunha vida saudable

Xoves 15 de abril, Día do Neno e día da primeira actividade, con nenos ademáis, da Mesa Local da Saúde, xa que ven de comezar o programa de almorzos saudables nos Colexios de Educación Infantil e Primaria de Mos.

 

As 2 enfermeiras do Centro de Saúde de Mos (incluídas no grupo das que surxiu a iniciativa da creación da Mesa da Saúde), Macarena Chacón Docampo e Lucía Leirós Comesaña, impartían hoxe a súa particular e profesional sesión sobre hábitos de alimentación saudable na infancia ao alumnado de 4º de Primaria do CEIP de Petelos. Contando ademáis coa visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro.

 

As profesionais de Atención Primaria consideran fundamental promover hábitos de vida saudable na poboación para poder previr enfermidades crónicas e outros problemas de saúde, como por exemplo a obesidade, cuxa prevalencia aumentou drasticamente na poboación infantoxuvenil, situándose o sobre peso nun 25% e a obesidade nun 15%.

 

Un dos lugares onde se traballan mellor estas prevencións é na escola, como responsable da adquisición por parte dos nenos e nenas de información, formación e valores necesarios para adquisición dunha vida saudable. Uns valores que tamén se deben traballar dende os fogares por parte das familias.

 

Para o desenvolvemento desta actividade cóntase coa colaboración do supermercado EROSKI, que proporciona os almorzos individualizados para o alumnado.

 

Os obxectivos do programa de almorzos saudables na escola son promover hábitos de vida saudables, proporcionar información adecuada sobre a alimentación e sensibilizar ao alumnado sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e a relación entre esta e o estado de saúde.

 

Esta actividade está dividida en dúas fases: a primeira, consiste no envío a cada centro educativo duns cuestionarios con preguntas sobre os hábitos alimenticios nos almorzos. Unha vez cumprimentados por cada alumno/a se recollen para proceder á valoración dos datos por parte das enfermeiras comunitarias do centro de saúde. O obxectivo destes cuestionarios radica en analizar como son os hábitos de alimentación actuais, dunha das comidas máis importantes do día, para que finalmente na segunda parte da actividade, poidan incidir sobre aquelas carencias alimentarias que se detectaron. A segunda fase divídese en dous bloques: por un lado, unha charla sobre a importancia de a alimentación e o sobre os dereitos do consumidor para o alumnado de educación primaria, onde se lles dan pautas para realizar un almorzo saudable e sobre as mellores opcións para levar nas medias mañás o colexio. Esta formación remata coa entrega dunha bolsas individuais cun almorzo saudable e unha dinámica para ver a interiorización da presentación inicial.

 

Para o alumnado de infantil, faise un obradoiro sobre a elaboración dun almorzo saudable de maneira práctica, ensinándolles a pirámide alimentaria, e despois a realización con diversos produtos , dun almorzo cargado de enerxía. Tamén se lle dan pautas sobre as mellores opcións para levar o cole para facer a media mañá.

 

Nesta actividade se lle proporciona ao alumnado un almorzo saudable composto por: pan integral /pan sen glute, aceite, froita, auga e un lácteo, neste caso unha porción de queixo individual. Tamén se lle proporcionan almorzos “trampa” para que os máis pequenos detecten os fallos no mesmo (sendo despois proporcionado o almorzo saudable). Desta forma, pretendese que despois da parte de explicación por parte das persoas que imparten as charlas, o alumnado saiba detectar que parte dos seus almorzos non é saudable e cal é a opción máis saudable.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.