Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 18 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo pecha co Vicepresidente da Xunta inversións para Mos en 2021

Entre elas atópanse dúas importantes obras como son a segunda fase de mellora do Cemiterio Municipal de Torroso e o alumeado no novo vial de Santa Eulalia, e iniciativas relacionadas coa promoción do Xacobeo 2021 en Mos, da Etapa 20 de La Vuelta 21, e da posta en valor do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante a instalación dun conxunto escultórico na Rúa

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta semana co Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, para plantexarlle unha serie de inversións para Mos neste ano 2021.

 

Durante a xuntanza celebrada en Santiago de Compostela, Vicepresidente e rexedora local pecharon varios proxectos para o municipio mosense. Entre eles atópanse dúas importantes obras como son a segunda fase de mellora do Cemiterio Municipal de Torroso e o alumeado no novo vial de Santa Eulalia, parroquia de Mos.

 

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia xa apoiou o ano pasado a Mos, cunha axuda de 25.000 euros, na primeira fase de mellora do Cemiterio de Torroso consistente en obras de drenaxe no cemiterio municipal para recoller e evacuar a auga e evitar filtracións nos panteóns. E que a construción do vial en Santa Eulalia, núcleo de A Rúa, foi posible grazas á cesión de terreos por parte da Comunidade de Montes de Mos e á financiación económica autonómica, cunha subvención de 281.413,68 euros da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. O orzamento total da obra ascende a 469.022,80 euros máis a financiación do modificado do proxecto que ascende a 100.000 euros que foi aprobada tamén pola Xunta de Galicia. A construción do vial perimetral permitiu eliminar o tráfico rodado da rúa empedrada que discorre polo lateral do Pazo (Camiño de A Rúa). O propósito é protexer ó entorno do Pazo, recuperando este vial para un uso peonil, evitando o deterioro da superficie empedrada. O proxecto permitiu unha alternativa viable, adaptada á topografía da parcela e ás condicións do lugar, que discorre polos terreos cedidos pola Comunidade de Montes en Man Común de Mos.

 

Ademais destas dúas obras, están as iniciativas relativas á consellería de Turismo relacionadas coa promoción do Xacobeo 2021 en Mos, da Etapa 20 de La Vuelta 21 con meta en Mos, e da posta en valor do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante a instalación dun conxunto escultórico autoría de Alejandra Sampedro en A Rúa, parroquia de Mos, na contorna do Pazo.

 

Serían 16 figuras en cerámica coas súas respectivas proxeccións lumínicas dispostas ao longo dun muro de pedra, no Camiño da Rúa, próximo ao albergue de peregrinos, unha actuación que se completaría con outras actividades paralelas co fin de valorizar os obxectivos do Ano Santo Xacobeo 2021 no Concello de Mos, e vincular con iso a veciños e visitantes. As 16 pezas conforman unha narrativa conxunta seguindo un ritmo compositivo: son peregrinos no Camiño de Santiago, exemplos de patrimonio natural, cultural e humano. Así as figuras propostas, todas elas entre 1,5 e 2 metros de alto por 0,5 a 1 metro de anchura, son tres cabalos, que representan o comezo o Camiño; un neno xogando á rayuela, que representa a infancia; unha nena debuxando, que simboliza o trazo que cada un fai a súa vida; outro neno loitando cun can porque lle colleu os lapis, mostra das dificultades que temos que soportar; un home mirándose a man, fala do recoñecemento propio; unha muller tocando a zanfona, representa a tradicional musical de Mos; outra camiñando, simbolizando a introspección propia do peregrino; un fillo camiñando á beira da súa nai, fala das relacións interxeracionais; un cruceiro, símbolo da nosa tradición; un home cheirando unha flor, unha chiscadela ao símbolo do Concello de Mos, a rosa; un carballo, a nosa árbore máis propia; dous peregrinos que camiñan xuntos; un grupo de músicos; un gato, xesto aos animais que nos atopamos no Camiño; outra parella de peregrinos e a cuncha do Camiño de Santiago.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.