Jueves, 22 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 20 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
Mos

Licitada a humanización da contorna parroquial de San Mamede

A obra de humanización da contorna parroquial de San Mamede, Torroso, xa publicada  no DOG. Conta cun orzamento de 390.000 euros e un prazo de execución de 9 meses. O Pleno do Concello de Mos aprobou en xuño do ano pasado a aceptación da subvención da Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia con cargo ao Plan HURBE para financiar o 70% da Humanización da Contorna Parroquial de San Mamede-Torroso. Coa aceptación da devandita axuda a administración local asume, así mesmo, o compromiso de financiar o 30% restante dos gastos derivados desta gran obra.

 

Trátase do proxecto máis grande de toda Galicia do Plan Hurbe na actualidade, ascendendo o orzamento total da obra de humanización a case 400.000 euros, 390.000 euros para ser exactos. Dos que a administración autonómica asume o 70% e o Concello financia un 30%.

 

Este proxecto se atopa dentro do Plan Municipal ‘Mos Humanizado’ e neste senso a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, agradeceulles hoxe enormemente o seu arduo labor no mesmo tanto ao arquitecto municipal, Manuel Toucedo, como á arquitecta mosense, Estefanía Grandal, que quixo sumarse desinteresadamente a este proxecto, xa que é veciña da parroquia de Torroso, coa que non dubidou en colaborar para mellorala co seu excepcional traballo.

 

O prazo de execución desta obra é de 9 meses e os traballos a realizar consisten nun proxecto de urbanización e acondicionamento para uso de lecer e esparcemento, tratando de unificar o conxunto do vial e o torreiro da festa cunha pavimentación con materiais pétreos, así como deseño dunha peza de unión realizada con pedra. Nesta peza concéntrase a maior parte da intervención: asentos, iluminación, escaleiras de paso, vexetación, etc.

 

A humanización complétase coa execución dunha beirarrúa pola estrada Puxeiros-Mos que conectará o vial pavimentado co Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. Ademais realizarase un proxecto de iluminación con luminarias integradas no pavimento en diálogo co lugar e a intervención, e retiraranse as liñas aéreas (que serán soterradas) e as luminarias sobre postes, que serán substituídas por luminarias sobre báculos.

 

As obras a realizar, comprenden a substitución do pavimento de aglomerado asfáltico por un pétreo (enlosado de granito/adoquín con solera de formigón baixo o pavimento) máis acorde co entorno, o que conlevará tamén unha renovación das instalacións, dotación de novas non existentes e reordenación do conxunto dos espazos adxacentes á Igrexa co consecuente novo amoblamento e deseño.

 

Os traballos de xardinería incluirán un estudo da vexetación existente para a súa mellora ou substitución. Xeración de novas sombras nos itinerarios propostos e axardinamento de baixo porte nos espazos ou percorridos que así o requiran.

 

En definitiva, esta obra de humanización integrará o Centro Dotacional, o antigo Centro Cultural e a Igrexa de San Mamede nun espazo máis humanizado e habitable. Trátase dunha das principais promesas do programa electoral do goberno local mosense á que se dá cumprimento coa posta en marcha do proxecto.

 

A actuación abarcará uns 7.000 metros cadrados e suporá un cambio radical na parroquia, facendo máis habitable e humanizado o centro neurálxico da mesma; onde se concentran habitualmente gran número de veciños e foráneos que acuden a diario a esta zona para participar en actividades lúdicas, relixiosas, culturais, musicais...etc.

 


 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.