Lunes, 23 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 19 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Smartpeme pon en catro obradoiros online

Image lisensed by Ingram ImageImage lisensed by Ingram Image

Ata o 22 de abril o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre Instagram, como comercializar vivendas e apartamentos turísticos, a tecnoloxía Blockchain ou como crear unha páxina profesional en WordPress

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta  semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre como utilizar Instagram para promover unha empresa, como xestionar e comercializar vivendas e apartamentos turísticos, falarase de Blockchain: unha tecnoloxía que pode cambiar o mundo, e de como crear unha páxina profesional con WordPress.

 

En concreto, este martes 20 impartirase o obradoiro “Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II”, estarán a cargo de Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, quen falará da utilidade desta ferramenta para dirixirse ao público potencial e conectar de xeito rápido coas audiencias.

 

O mércores 21, Sonia Torres, Técnica en Empresas e Actividades Turísticas, impartirá “Xestión e comercialización de vivendas e apartamentos turísticos”, obradoiro que plantexará a importancia dunha boa xestión da man das novas tecnoloxías de comercialización e marketing en liña para aumentar reservas e beneficios.

 

Para finalizar, o xoves 22, chegará “Blockchain: a tecnoloxía que pode cambiar o mundo” a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da potencialidade desta nova ferramenta. Por último e no mesmo día, María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro “Crea unha páxina profesional con Wordpress II”, dando continuidade ao anterior.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.