Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 21 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra pecha a liña 3 do Plan concellos 2021 con 900 empregos

56 concellos da provincia acolléronse á esta liña de financiación da Deputación que supón un investimento de 9,2 millóns de euros

A Deputación de Pontevedra completou a adxudicación da Liña 3 do Plan Concellos 2021 que se traduce na creación de case 900 empregos nos municipios da provincia. Cun investimento de 9,2 millóns de euros un total de 56 concellos poderán financiar a contratación de 876 persoas para traballar en postos municipais nun momento de crise no que a xeración de emprego cobra especial relevancia, tal e como sinalou a presidenta provincial Carmela Silva.

 

A presidenta da Deputación mostrou a súa satisfacción “porque ademais estes empregos son fundamentais para garantir a prestación de servizos á veciñanza da provincia”, dado que gran parte dos contratos que se van crear teñen que ver “co procedemento administrativo, a atención ao sector de turismo, a política social ou o mantemento de beirarrúas, parques e xardíns”.

 

A liña 3 de Emprego completouse ao ser aprobada a última achega para Dozón de 36.000 euros. Con ela, este concello da comarca do Deza levará a cabo a contratación de cinco persoas: un operario ou operaria condutora e catro peóns ou peoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.