Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 21 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta inicia traballos de roza e limpeza en máis de 40 estradas do sur da Provincia de Pontevedra

Estas tarefas forman parte das intervencións que se veñen realizando nas estradas galegas para contribuír a previr lumes e reforzar a seguridade viaria

A Xunta iniciou esta semana os traballos de roza e limpeza en máis de 40 estradas de titularidade autonómica do sur da provincia de Pontevedra, mentres continuará cos labores iniciados hai unhas semanas na vía de altas prestacións V.G.-4.4, no municipio de Marín.

 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, vén realizando nos últimos meses este acondicionamento nas franxas de dominio público de vías da Xunta para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.

 

No marco destas intervencións, tamén na provincia de Ourense, comezarán os traballos na estrada OU-636 na Pobra de Trives e en Larouco. Ademais, proseguirán os traballos iniciados hai un mes na OU-536, ao seu paso polos concellos ourensáns de Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Ourense.


 
Tamén continuarán os labores que nas últimas semanas se están a realizar na provincia da Coruña, na vía de alta capacidade VG.-1.2, que comunica a contorna do polígono de Vilar do Colo e Mugardos, ao seu paso polos municipio de Ares e Mugardos.

 

 

 

 

Na provincia de Ourense comezarán as tarefas na OU-636, na Pobra de Trives e en Larouco, e seguirán na OU-536 ao seu paso polos municipios de Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Ourense

 

 

 

 

O conxunto de tarefas realizadas no marco deste contrato coa empresa pública Seaga, que se veñen realizando ao longo do ano, céntranse, principalmente, na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais.

 

Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas autonómicas, reducindo progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario.

 

Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.

 

As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.