GALICIA
Feijóo cualifica de “erro” o recurso interposto polo Goberno central á Lei de saúde
O presidente da Xunta reuniuse hoxe co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou de “erro” o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Goberno central á Lei de saúde aprobada polo Parlamento galego. “Entendemos que é un erro, desde o punto de vista sanitario e político, porque o lóxico é falar antes de denunciar e non falar coa denuncia xa interposta”, aseverou, apelando ao diálogo para “avanzar nunha solución extraxudicial que devolva o vigor á lei para a xestión na Comunidade”.
Durante unha reunión co delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, trasladou tamén a necesidade de que se celebre unha Conferencia de presidentes para abordar o baleiro xurídico tralo remate do estado de alarma; “para que o Goberno central e os presidentes autonómicos poidamos concretar que cuestións -como os peches perimetrais ou o toque de queda- se manterán vixentes ou non”, precisou, facendo fincapé na incerteza xurídica que se aveciña co fin do estado de alarma.
Incide na necesidade de que se celebre unha Conferencia de presidentes para abordar o baleiro xurídico tralo remate do estado de alarma
Así mesmo, o responsable do Executivo autonómico aproveitou a xuntanza para demandar novamente que o Goberno central garanta a concorrencia competitiva, a obxectividade e a transparencia na distribución dos fondos europeos Next Generation; así como que se precisen os criterios de reparto dos fondos de rescate aprobados polo Executivo, nos que Galicia está “por debaixo do que nos corresponde”.
Máis alá das consecuencias da covid-19, o titular da Xunta referiuse tamén á crise industrial que está a sufrir a Comunidade por mor das decisións do Goberno, facendo especial fincapé na transición enerxética e na Lei de cambio climático. “Estamos a falar de 16.000 postos de traballo no seu conxunto”, aseverou, recordando tamén o grave problema económico e social que vive a comarca de Ferrolterra ante a falta de carga de traballo de Navantia.
En materia de infraestruturas, ademais das bonificacións da AP-9 acordadas co Ministerio de Transportes, Feijóo expuxo a importancia de que se cumpran os prazos anunciados da alta velocidade, así como a concreción do material rodante. “E tamén lle trasladei que hai autovías que están retrasas, como a autovía Lugo-Santiago; e outras que están paralizadas, como a de Lugo-Ourense ou a autovía da Mariña lucense”, engadiu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58