Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 21 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
MOS

Mos presenta o percorrido da etapa mosense de La Vuelta

A presentación celebrouse esta tarde na Cidade Deportiva Afouteza do RC Celta coa presencia do presidente do Club, Carlos Mouriño, do director de La Vuelta, Javier Guillén; así como de Óscar Pereiro e o Vicepresidente Primeiro da Xunta, Alfonso Rueda

Mos acolleu esta tarde a presentación da ETAPA 20: MOS-CASTRO DE HERVILLE, CELA, de La Vuelta Ciclista a España 2021. O acto tivo como esceario a Cidade Deportiva Afouteza do RC Celta e foi retransmitido en directo desde a páxina oficial de Facebook do Concello de Mos.

 

Á devandita presentación asistiron o Director de La Vuelta, Javier Guillén, e o ciclista mosense, único galego gañador dun Tour de Francia e Embaixador de La Vuelta, Óscar Pereiro, a Alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o Presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, o Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, a Directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, representantes de la Mesa de La Vuelta 21 do Concello de Mos, membros do tecido asociativo do Concello de Mos, concelleiros/as integrantes do equipo de goberno local, e outros membros da Corporación Municipal, entre outras autoridades.

 

Tratouse dun evento enfocado a detallar o percorrido mosense da etapa 20 de La Vuelta 21, que inclúe a meta no Castro de Herville, parroquia de Cela. Etapa que será a penúltima da competición ciclista e da que moi probablemente sairá o campión. Dito percorrido transcorrerá por 7 parroquias mosenses: Louredo, Mos, Torroso, Petelos, Sanguiñeda, Pereiras e Cela; pasando por lugares emblemáticos do Concello como son a Igrexa de San Salvador de Louredo, o Pazo de Mos, o Centro Dotacional de Torroso, o Multiusos das Pozas, o Pavillón Óscar Pereiro, a Capela das Angustias, o Cristo de Belén, Campo de Eiró, a Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras, a Igrexa de San Miguel de Pereiras, a Igrexa de San Pedro de Cela, o Alto de San Cosme e, por último, o Castro de Herville.

 

Herville será meta de La Vuelta 21 o vindeiro 4 de setembro tras ter sido o Pazo de Mos saída de etapa o ano pasado, algo que non é mera casualidade senón que “é froito do amor e a aposta decidida de Óscar Pereiro polo seu pobo, ao que quixo ter en conta ao deseñar unha das etapas máis espectaculares deste ano. E froito tamén da confianza depositada por Javier Guillén en Galicia en xeral, como zona histórica e recurrente de paso de La Vuelta; e en Mos en particular, aceptando a proposta de Óscar tras ter formado xa parte da competición en 2020 o noso municipio” declarou a rexedora local mosense, Nidia Arévalo.

 

Ademais de detallar o percorrido, esta tarde presentáronse tamén as actividades que se desenvolverán durante os vindeiros meses con motivo da etapa 20 en Mos que serán, entre outras, a V Challenge Rías Baixas (8 e 9 de maio) a Copa España de Carretera organizada polo Club Ciclista Rías Baixas (16 de maio), encontro con Discamino e ‘Pedalea con Discamino’, un mural colaborativo e un concurso de mascarilla conmemorativa para implicar ao alumnado do IES, o evento ‘Mos sobre rodas’, un Campionato de Fútbol 7, unha carreira con ex ciclistas, un día con Induráin e un concerto na Cidade Deportiva Afouteza do R.C. Celta.

 

Por último, tras o éxito do da edición 2020, esta tarde presentouse tamén o maillot conmemorativo da etapa mosense de La Vuelta 21.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.