O PORRIÑO
A alcadesa do Porriño explica o motivo do cribado masivo
Un brote nunha empresa do Porriño está, supostamente, detrás do cribado convocado polo Sergas para o vindeiro domingo, todo segundo explicaba hoxe a alcaldesa Eva Garcia aos asistentes á reunión telemática da Comisión Municipal de Seguimento da Covid.
Cos datos actualizados do Sergas a día de hoxe, O Porriño ten una taxa de incidencia de 15 “que son os mellores números de toda a pandemia”, precisou Eva Garcia que volveu a exhortar ás 6.000 persoas convocadas ao cribado do domingo que “por favor acudan, que polo seu ben, polas súas familias e polo ben de todos nos”.
O Concello pon a disposición do Sergas o Pavillón número 2 do Polideportivo Municipal para a realización das “PCR”. Están convocadas 6.000 persoas, entre as 8:30 horas e as 22:00 horas.
A Policía Local en coordinación con Agrupación de Protección Civil despregarán un dispositivo ao redor do Polideportivo e na rúa Doantes de Sangue para facilitar a chegada e aparcamento de vehículos, segundo indicou a Concellería de Seguridade.
No que atinxe ás competicións deportivas que xa estaban programadas no Polideportivo Municipal, non haberá ningún aprazamento, segundo informou a Concellería de Deportes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186