Vigo
“Vigo Driving” a nova aplicación para axudar á condución en tempo real
A aplicación proporciona, durante a condución, “os tempos dos semáforos en verde, ámbar e vermello e ofrece información sobre o estado do tráfico”, de maneira que esta comunicación cos condutores permítelles desprazarse de forma “máis eficiente e segura”. O Concello establece con esta nova ferramente un sistema de axuda á condución en tempo real e que é “pioneiro en España”.
A pantalla amosa o mapa da cidade e, segundo a nosa posición en cada momento, ofrécenos información sobre varios aspectos: semáforos (cor, tempo para cambio de fase -verde, ámbar ou vermella- e recomendación de velocidade, o que permite adaptar a condución en función de se é posible pasar ou non en verde, e evitando aceleracións e freadas bruscas, contribuíndo a diminuír as emisións e o consumo); dá alertas (avisos de retencións, obras, accidentes próximos… o que permite anticiparnos de forma segura nos percorridos e cambiar de itinerario); aviso de zonas sensibles (zonas escolares ou limitadas a 30km/ h); información de tráfico (tempos de desprazamento estimado a puntos clave da cidade, avisos de cortes para planificar mellor a ruta); ou aparcamentos (localización e indicación de prazas dispoñibles).
O Concello destinou 172.000 euros ao desenvolvemento desta aplicación, que supuxo a adaptación dos reguladores para a comunicación e a disposición dun servidor Cloud para almacenar a información na plataforma C-ITS que, segundo avanzou Caballero, “máis adiante permitirá habilitar corredores de prioridade semafórica para vehículos de emerxencias”.
Ademais, Vigo Driving compleméntase coa APP Vigo onde pode consultarse o resto de servizos de mobilidade: tráfico en tempo real, cortes de tráfico, gasolineiras, puntos de recarga, cámaras de tráfico…

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49