Lunes, 01 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 29 de Abril de 2021 Tiempo de lectura:
OIA

A velocidade e cobertura das conexións móbiles mellora en Oia

A entidade “Llega800” encargarase de garantir a compatibilidade do servizo 4G coa TDT xestionando posibles incidencias

Nos próximos días, as operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange comezarán a ofrecer en Oia servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o cal permitirá á veciñanza gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G). Para garantir a compatibilidade desta nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), as operadoras teñen posto en marcha “Llega800”: unha entidade encargada de xestionar posibles incidencias a través do teléfono de atención gratuíto 900.833.999 e a páxina web www.llega800.es   

 

Os veciños que residan nas zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar, de xeito gratuíto, a adaptación da antena da súa vivenda para evitar posibles incidencias. Posteriormente, e tras o acendido das estacións, “Llega800” encargarase de atender ás persoas usuarias afectadas xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén de balde.

 

Melloras coa rede 4G

A maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800MHz mellorará o servizo no interior de vivendas e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de xeito eficiente. O 4G tamén suporá melloras tanto na velocidade de descarga como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición. De igual xeito, permitirá sacarlle o máximo partido a aplicacións online como poden ser os videoxogos.

 

Esta nova tecnoloxía tamén facilitará a introdución de novos servizos nos eidos empresarial e das administracións públicas como poden ser aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.169

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.