GALICIA
A Xunta deixa máis de 3 millóns de euros nos equipos galegos nos tres últimos anos
O secretario xeral e a delegada da Xunta supervisaron o material recibido polos equipos de Vigo en 2020 que xuntan tres furgonetas e un minibus e unha contía total de preto de 200.000 euros
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, supervisou o material recibido polos equipos de Vigo e a súa área con cargo a orde de adquisición de equipamentos deportivos de 2020. En total, os equipos olívicos recibiron material por importe total de preto de 200.000 euros entre o que destacan tres furgonetas e un minibus. Desde 2019, esta liña de subvencións axudou aos equipos galegos cun total de 3 millóns de euros e máis dun centenar de furgonetas.
Os equipos asistentes ao acto celebrado na Praza da Estrela foron a Fundación Celta de Vigo, que adquiriu un minibus por importe de 97.380 euros; o Club Atletismo Feminino Celta, que obtivo unha furgoneta valorada en 20.000 euros: o Club Minauta, que se fixo tamén cunha furgoneta por valor de 24.200 euros; o Prado Surf Club, beneficiado con outra furgoneta de 25.000 euros: a Asociación Deportiva Escola Kiap de taekwondo, que adquiriu petos, cascos electrónicos, tatami, proteccións, material de kickboxing, bicicletas estáticas, colchonetas, desfibrilador e caixa de primeiros auxilios por importe de 7.370 euros; o Club As Rodas da Patinaxe Artística, que recibiu arnés, material de ximnasio e caixa de primeiros auxilios por 2.029.40 euros; e o Club de Loita San Ignacio, con tapiz, marcadores, desfibrilador e caixa de primeiros auxilios por 9.653.71 euros.
Ademais, a Federación Galega de Surf tamén estivo representada no acto de supervisión do material recibido cunha furgoneta valorada en 37.300 euros.
A orde de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos de 2020 contou cun orzamento total de 700.000 euros para un total de 29 clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas, ademais de 10 federacións deportivas. Cómpre salientar que, para o exercicio 2021, esta partida mantivo o seu importe a pesar do actual escenario de pandemia que provoca que parte da actividade deportiva autonómica federada non se está a realizar. Os importes das subvencións son o 80% do investimento subvencionable mentres que a porcentaxe restante é achegada pola entidade beneficiaria. Establécese como gasto mínimo subvencionable unha contía de 1.000 euros, dos cales a entidade beneficiaria deberá achegar 200 euros. Cómpre salientar tamén que se reserva un 30% do orzamento total de cada convocatoria anual de subvención ás federacións deportivas galegas.
Ademais dos equipamentos específicos por modalidades deportivas (32 categorías) e dos equipamentos non específicos, no caso do material sanitario recóllese en 2021 por vez primeira equipamento de seguridade e prevención inventariable no desenvolvemento da actividade deportiva oficial como consecuencia da Covid-19 (mamparas, sistemas de ventilación, sistemas de dispensadores de hidroxeles, sistemas de toma de temperatura, etc.).
Listaxe de admitidos, inadmitidos e documentación a presentar
Cómpre salientar que, no día de onte, o Diario Oficial de Galicia vén de publicar as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, as solicitudes en motivo de inadmisión e as solicitudes admitidas, presentadas ao abeiro da resolución de equipamentos deportivos para o ano 2021. En total, 452 entidades (427 clubs e 25 federacións) foron admitidas, 90 (86 clubs e 4 federacións) inadmitidas e 219 (208 clubs e 11 federacións) requiridas para presentar documentación pendente ou a emendar. Un total de 761 entidades deportivas galegas (721 clubs e 40 federacións) presentaron solicitude.
Os interesados poderán formular reclamacións, emendar erros e achegar os documentos que entendan oportunos nun prazo de dez días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217