Viernes, 26 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 02 de Mayo de 2021 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta colabora na mellora e ampliación do parque infantil de Canuda

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou esta semana as melloras levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta semana as obras realizadas en Salvaterra do Miño que consistiron na restauración do parque infantil de Canuda e na adquisición de novo equipamento para a mellora da área de ocio.

 

As obras consistiron na restauración da práctica totalidade dos xogos infantís, a substitución das pezas danadas por outras novas e a instalación de novos elementos de diversión nunha área recreativa que recibe ao ano máis de 300.000 visitas, non só de veciños da provincia de Pontevedra e de toda Galicia, senón tamén do norte de Portugal.

 

 

 

 

A achega autonómica permitiu restaurar e actualizar unha das zonas de ocio con máis visitantes no sur de Galicia, e que recibe tamén usuarios do norte de Portugal

 

 

 

 

A Xunta investiu 33.835 euros nunha actuación encadrada na Orde de infraestruturas de uso público, coa que a Xunta financia os proxectos dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

 

Na convocatoria deste ano, o Goberno galego mantén o orzamento de 4 millóns de euros que destinou o ano pasado a esta liña de axudas, despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros respecto do orzamento do 2019.

 

O Concello de Salvaterra do Miño recibiu na última década máis de 200.000 euros das diferentes liñas de axudas dispostas pola Xunta para investir na mellora das infraestruturas e os servizos dos concellos galegos, en beneficio da calidade de vida dos seus habitantes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.